En colaboración coa Asociación de Veciños de Sárdoma e os Obradoiros de Musica Tradicional da Asociación do Carballo disfrutamos dunha sesión de concerto e algún alumno do colexio como Judith fixo demostración das súas habilidades tocando o piano. Foi unha experiencia moi agradable.
O xoves día 29 de outubro celebramos O Samáin con cancións, menús de bichos para os pequenos de Infantil, BoB Apple, refráns en galego e inglés, O Conxuro da Queimada, a pócima das bruxas, risas e con Edel que lle puxo un pouco de acento irlandés. Qué divertido!!...
Coma todos os anos, no CEIP Sárdoma-Moledo celebramos a xornada de Educación vial, nas que os rapaces e rapazas aprenderon a circular correctamente tanto sendo peóns, coma condutores, xa que o noso centro está dotado dun circuíto que semella un percorrido real, con rotondas, semáforos, sinais verticais e horizontais... ata había policías que multaban ós que non respectaban as normas de circulación!
Xa están aquí as fotografías do Entroido que celebramos o pasado 8 de febreiro no cole, cun desfile. O tema deste ano foi o dos inventos e descubrimentos.
Este é o enlace do vídeo que prepararon as nais e pais da ANPA.
O pasado 21 de decembro celebramos o festival de Nadal. Aquí tendes algunhas imaxes das actuacións que preparamos o alumnado, o claustro e monitoras das actividades extraescolares.
Tamén podedes ver o vídeo que prepararon as nais e pais do ANPA, ós que lles agradecemos a súa participación e colaboración.