Skip to Content

VOTACIÓNS CONSELLOS ESCOLARES

Finalizado o prazo de presentación, presentouse unha única candidatura para optar á renovación das catro vacantes producidas. Podedes ver o documento aquí.

O luns, día 18 de novembro, de 16:20 a 19:20 da tarde, terán lugar as eleccións, nas que como sabedes pode votar o pai ou a nai (ou titor/a legal) indistintamente, previa presentación do DNI ou similar.

Adxúntase circular informativa.

 

 

ELECCIÓNS A CONSELLOS ESCOLARES

Por acordo da Xunta Electoral, publícase a continuación a convocatoria para poder participar no proceso de renovación de Consellos Escolares.

Como seguramente sabedes, o Consello Escolar é un dos órganos de goberno do centro, con funcións que inclúen, entre outras: participar na elección do director ou directora, avaliar as Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia do centro e da Programación Xeral Anual, realizar a análise e valoración do funcionamento xeral do centro, etc.

Para poder ser elixido/a teredes que presentar perante a xunta electoral (na secretaría do centro) a candidutara mediante esta papeleta oficial, debidamente cuberta, antes do 8 de novembro.

Animámosvos a participar neste proceso tan importante para o bo funcionamento do colexio. 

 

ELECCIÓNS CONSELLOS ESCOLARES

CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

De conformidade co establecido na Resolución do 10 de setembro de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG 18 de setembro), realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:
A directora  do Centro.
Un profesor ou profesora.
Un pai ou nai ou titor legal.
Un representante do persoal de administración e servizos
Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o próximo día 18 de outubro, venres, ás 12:00 horas.
Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar a súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.

Meicende, 11 de outubro de 2024.

A DIRECTORA DO CENTRO

Mª Dolores Suárez Botana

REUNIÓNS EDUCACIÓN PRIMARIA

Estimadas familias,

Comunicamos que as reunións iniciais para todos os niveis de Educación Primaria serán o vindeiro luns 16 de setembro ás 17:00 horas.

Recibide un cordial saúdo.

 

INFORMACIÓN INICIO DE CURSO 2024-25

Estimadas familias:

Estamos organizando con moitas ganas e ilusión este inicio de curso que dará comezo o 11 de setembro.

Adxuntamos a circular de inicio de curso con información importante que vos pregamos teñades en conta. 

Vémonos mañá!

REUNIÓNS EN EDUCACIÓN INFANTIL

Estimadas familias,

Comunicamos o calendario de reunións iniciais para Educación Infantil:

 4º, 5º e 6º de EI (3, 4 e 5 anos): luns, 9 de setembro, ás 12,00 horas.

Recibide un cordial saúdo das titoras.

 

FIN DE CURSO 2023-24: CIRCULAR INFORMATIVA E LIBROS DE TEXTO

Estimadas familias:

Chegado o remate deste curso, pregamos que teñades en conta a seguinte información importante:

CIRCULAR DE FIN DE CURSO

LIBROS DE TEXTO 2024-25

Que pasedes un moi feliz verán!

 

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2024-25

Estimadas familias:

A Consellería anuncia a convocatoria de fondo solidario de libros de texto e de axudas para adquirir material escolar para o vindeiro curso.

A información resumida está contida nesta Circular informativa.

As solicitudes presentaranse preferentemente de xeito telemático nos seguintes espacios web antes do 21 de xuño, día no que remata o prazo:

Fondolibros (Para cubrir a solicitude)

Chave365  (Para entregala, xunto ca documentación aportada)

Tamén se pode presentar a solicitude na secretaría do centro, debidamente cuberta e acompañada da copia do libro de familia e resto de documentación, no horario de atención ao público.

Solicitude (anexos I e II)

NOTA: O alumnado de 6º de Primaria que pase de curso deberá facer a solicitude no IES PASTORIZA ou naquel instituto no que fose admitido. No caso de estar pendente de admisión, deberá facelo neste centro.

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO 2024-25: LISTAXE PROVISIONAL

Hoxe, 25 de abril publícase a relación provisional de alumnado admitido e non admitido neste centro para o vindeiro curso. 

As listaxes poderánse revisar presencialmente no taboleiro principal de anuncios, no interior do recinto escolar, e na  aplicación admisionalumnado, a partir de dito día, mediante certificado dixital ou chave365. Contra esta relación ábrese un prazo para posibles reclamacións de cinco días hábiles, a presentar na secretaría deste centro no horario habitual. 

A listaxe definitiva publicarase o 15 de maio.

A formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

ADMISIÓN DE ALUMNADO 2024-25. XORNADA PORTAS ABERTAS

Do día 1 ao 20 de marzo estará aberto o prazo para presentar solicitude de admisión nos centros de ensino públicos e concertados da Consellería de Educación.

Dita solicitude pode realizarse directamente, accedendo á aplicación admisionalumnado. Alternativamente, tamén se pode entregar, unha vez cuberta, na Secretaría do colexio, en horario de atención ao público (de luns a venres, de 9,30 a 10,30 horas e de 13,10 a 14,00).

Convén ter en moi en conta a seguinte información:

Vacantes ofertadas e información resumida (circular informativa)

Solicitude (Anexo II).

Díptico informativo (horario, servizos...)

Toda a información está exposta no taboleiro de anuncios do centro e irá actualizándose co tempo. 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS:

O día previsto para poder ver o colexio será o luns,11 de marzo, ás 6 da tarde.

 
Distribuir contido


by Dr. Radut