Skip to Content

Información sobre a 2º Avaliación

Estimadas familias:
 
En virtude das instruccións recibidas por parte da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, establécense as seguintes indicacións de cara á formalización da 2ª avaliación do presente curso 2019/2020:  
1. A efectos de dar continuidade ao calendario escolar, o claustro de mestras do CEIP San Xoán procederá a formalizar esta semana o peche da avaliación do segundo trimestre do presente curso académico 2019/2020. 
2. Non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma. En consecuencia, o peche da avaliación do segundo trimestre formalizarase co traballo desenvolvido ata o 13/03/2020, incluido.
3. Debido ao estado de alarma e a conseguinte situación de confinamento na que nos atopamos, non se poderán entregar os boletíns de notas presencialmente. 
 
Lembrade que podedes consultar os datos dos/as vosos/as fillos/as a través da aplicación Abalarmóbil (tedes as instruccións máis abaixo)


 

                           

page | by Dr. Radut