Ola a todos e a todas!
Comeza a semana e hai que voltar ao traballo.
Na noite do sábado ao domingo tivo lugar o cambio de hora: ás dúas pasaron a ser as tres. Seguro que na casa xa cambiastes os reloxos. Pois ben, aproveitamos esta circunstancia para coñecer ben o reloxo e o seu funcionamento.
Se tedes un ordenador, premede aquí: https://clic.xtec.cat/projects/elreloj/jclic.js/index.html para aprender xogando.
-Copiade con boa letra esta adiviña, resolvédea e facede un debuxo chulo. Pista: é algo relacionado coa actividade anterior.
Teño agullas e non sei coser,
teño números e non sei ler.
Quen son?
-Podedes aprendela e dicirlla a alguén da familia. Saberán resolvela?
-Táboa do 6.
-Lectura e actividades.
Sede responsables e ÁNIMO! María José