INFORMACIÓN

Se queres ter información actualizada do centro, sigue as nosas redes sociais:

    

Premios 8M

O pasado venres 8 de marzo, o alumnado de 3º e 4º EP acudiron a Santiago a recoller o 2º premio da 1ª Categoría que gañaron no VII Concurso de Carteis do día 8M "Día Internacional da muller" convocado pola Xunta de Galicia.

 

Parabéns a tod@s!

 

Aquí deixamos o vídeo da xornada...

Iniciación ao Ping Pong

Nos próximos luns, no recreo do comedor, haberá unhas clases de iniciación ao Ping Pong!

Animádevos a coñecer un deporte novo!! 

23 Febreiro: Día de Rosalía de Castro

Mañá venres celebramos o Día de Rosalía de Castro, por iso ao longo desta semana estivemos traballando sobre a figura de Rosalía e entre todas e todos recitamos o seu poema "Cantarte hei, Galicia". 

Podedes ver o vídeo premedo sobre a seguinte imaxe. 

Entroido 2024

O pasado venres puidemos celebrar o Entroido, aínda que a choiva nolo puxo complicado, desfilamos polo noso pavillón, bailamos, sacamos fotos, compartimos tempo coas familias, merendamos...

Aquí deixamos o vídeo da xornada (premede sobre a imaxe e levaravos ao vídeo).

Comandas de Entroido 2024

O próximo luns daremos comezo aos mandatos do Meco. Cada día deberemos traer o que nos pida! 

O venres día 9, se o tempo o permite, faremos o tradicional desfile polo pobo e posteriormente queimaremos o Meco. Agardámosvos!

Xornadas de portas abertas 2024

Achégase o momento! Chegan as xornadas de portas abertas!!


Do 1 ao 20 de marzo estará aberto o proceso de admisión de novas matrículas nos centros educativos.

OBRADOIRO DE ENTROIDO

Dende a volta de Nadal xa estamos a traballar pensando no Entroido. 

Este ano, aproveitamos que se cumplen 50 anos do noso cole e faremos unha viaxe polas diversas décadas reflectidas nos temas dos nosos disfraces.

Queremos convidarvos a un obradoiro de disfraces no cole o próximo MARTES 30 DE XANEIRO.

XOGANDO AO ATLETISMO

Algunhas fotos da xornada "Xogando ao atletismo", celebrada o 22 de novembro na pista de atletismo da cidade de Lugo dentro do programa XOGADE (Xogos Galegos Deportivos en idade escolar). Nese día o alumnado de 4º e 5º de primaria conviviu e competiu con outras rapazas e rapaces de outros colexios da nosa contorna. Para ver as fotos clicade nos documentos adxuntos de embaixo.

Actividades do 1º trimestre

A continuación deixamos un enlace a unha imaxe interactiva na que poderedes ver varias actividades que realizamos durante o primeiro trimestre deste curso. Deberedes acceder ao enlace e despois premer sobre a imaxe do vídeo ao que queirades acceder.

O claustro deséxavos un Feliz 2024!