Skip to Content

Plan proxecta

XORNADAS DEPORTIVAS ESCOLARES 5º.

O mércores 21 de febreiro xuntámonos os coles de Xeve, Cabanas, Froebel, Isidora Riestra, Amor Ruíbal, SanJosé, Xunqueira I, Campañó e Villaverde co alumnado de 5º de educación primaria para unha xornada deportiva na alameda, Xardíns das Palmeiras e avenida de Montero Ríos en Pontevedra. 
Practicamos Loita Olímpica, Baile Moderno, Xogos Tradicionais e Carreira dé Orientación. 
Ademáis coñecimos como é un equipo de ciclismo da man do equipo ciclista SúperFroiz e aprendimos a facer a RCP (reanimación cardio pulmonar), a maniobra de Heimlich é que é un DESA da man da Escola de Enfermería de Pontevedra. 
Colaboraron na organizacio o alumnado de TSEAS (Técnico Superior en Enseñanza y Animación Sociodeportivade Pontevedra. 
Álbum: Curso 23-24 -> Xornadas Deportivas Escolares 5º

SESIÓN DE DANZA URBANA

O venres 16 de febreiro o alumnado de 5º de educación primaria recibíu unha sesión de danzas urbanas a cargo de Nana, mestra da Academia de Danza Fita Novas de Pontevedra.
Ensaiaron unha coreografía para a Xornada de Encontros Deportivos.
O pasaron estupendamente é les gustó moito.

 

Álbum: Curso 23-24 -> Sesión Danza Urbana

DÍA DA PAZ

Xuntámonos todo o cole para celebrar o día da paz. Este ano facendo xogos coperativos demostrando que xuntos pódese facer do mundo un lugar mellor. Aproveitamos para relacionarnos cos nenos e nenas de todos os cursos e o pasamos moi ben. 

Álbum: Curso 23-24 -> Día da paz

XORNADA INTERCENTROS 5

O mércores, día 25 de xaneiro visitaron o noso centro o alumnado de 3º de primaria do CEIP Froebel, para participar nunca xornada deportiva co noso alumnado de 3º e 4º de primaria.
Practicaron deportes alternativos (floorball, kickball e pelota canadiense) e tamén atletismo.
Foi unha moi boa xornada de convivencia.

Álbum: Curso 23-24 -> Xornada Intercentros 5

VISITA CLUB DE TENIS PONTEVEDRA

O xoves 25 de xaneiro o alumnado de 3º e 4º de educación primaria recibiu unha clase tenis por parte de dous profesores do Club de Tenis Pontevedra.
Practicaron os golpes básicos de dereito e de revés, e diversos xogos.

Álbum: Curso 23-24 -> Visita Club de tenis

XORNADA INTERCENTROS 4

O mércores 13 de decembro recibimos ao alumnado de 5º de primaria do ceip Isidora Riestra de Poio para participar co alumnado do noso centro nunca Xornada de convivencia deportiva más modalidades de deportes alternativos e Carreira de orientación.
Todos se esforzaron moito e o pasaron moi ben.
Ata a próxima.

Álbum: Curso 23-24 -> Xornada Intercentros 4

ESTATUTO DE AUTONOMÍA

As nenas e nenos do cole aprenderon máis cousas sobre a nosa terra e o que significa o Estatuto de Autonomía. 

VISITA DO CLUB DE PIRAGÜISMO VERDUCIDO

O martes 24 de outubro visitaron o centro membros do Club Piragüismo Verducido para dar unha charla sobre este deporte ao alumnado de 5º e 6º de educación primaria.

Álbum: Curso 23-24 -> Visita Club de piragüismo Verducido
Distribuir contido


Ponte a Zero

by Dr. Radut