Skip to Content

Benestar e Convivencia

PUNTO LARANXA

Informamos a toda a comunidade educativa da implantación do Punto Laranxa no centro, tanto de forma física (caixa de correo na entrada do cole)  como caixa virtual (na web do cole).

Trátase dun espazo onde calquera persoa pode comunicar de forma totalmente anónima unha situación de posible acoso ou ciberacoso escolar.

Estará xestionado polo equipo ACAE (Actuación contra o acoso escolar), e así o alumnado terá un equipo de referencia ao que dirixirse.

Os asuntos que comentedes serán tratados co máximo respecto, discreción e confidencialidade.

NON QUEDES CALADA/O, ESCOITÁMOSTE!!

LIPDUB "Se buscan Valientes"

 

STOP BULLYING

En conmemoración do Día Internacional Contra o Acoso Escolar, elaboramos este Genially para traballar con todo o cole as emocións e reflexionar sobre a importancia de aceptarmos como somos e  respectarmos.

 

Traballando as emocións en educación infantil

 

 Os/as pequechos do cole identificando diferentes emocións. #CEIPSantiagodeOliveira #equipodebenestareconvivencia #emocións

Día da muller: 8M

Seguimos sumando km celebrando unha carreira solidaria para conmemorar o 8M!

Día da paz

Que ben o pasamos cos distintos xogos cooperativos para conmemorar o día da Paz! Colaborando todos e todas sempre se conseguen obxectivos comúns.

 

Día da discapacidade

Para conmemorar o 3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidade, todo o alumnado do cole fixo o seu propio retrato para representar que todos e todas, sexamos como sexamos coas nosas diferenzas, habilidades e limitacións, temos cabida neste cole!

Elaborando dorsais para a carreira solidaria do 8M

 

Durante esta semana estivemos elaborando dorsais en Polos Creativos, reciclando restos de tecidos para a carreira solidaria que levaremos a cabo para a conmemoración do 8M

#PolosCreativos #CEIPSantiadodeOliveira

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

 

Así celebramos no cole o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, baixo o lema "Queremos que todas as bolboretas voen alto". #CEIPSantiadodeOliveira #25N #poloscreativos

Distribuir contido


by Dr. Radut