Skip to Content

PUNTO LARANXA

Informamos a toda a comunidade educativa da implantación do Punto Laranxa no centro, tanto de forma física (caixa de correo na entrada do cole)  como caixa virtual (na web do cole).

Trátase dun espazo onde calquera persoa pode comunicar de forma totalmente anónima unha situación de posible acoso ou ciberacoso escolar.

Estará xestionado polo equipo ACAE (Actuación contra o acoso escolar), e así o alumnado terá un equipo de referencia ao que dirixirse.

Os asuntos que comentedes serán tratados co máximo respecto, discreción e confidencialidade.

NON QUEDES CALADA/O, ESCOITÁMOSTE!!



page | by Dr. Radut