Curso de Formación: Plotter de Corte
- Blog TIC |
- TIC |
- Programas |
- Último número
Un dos cursos de formación no que participamos este ano no CEIP Santiago de Oliveira, para a mellora do uso das Tecnoloxías da Información e da comunicación, foi o do manexo do Plotter. Neste caso, foi impartido por Esteban Losada. Neste aprendemos a cortar vinilos e a gravar diferentes materiais como placas de metacrilato. Todo isto contribúe a seguir avanzando no manexo das TIC´s.