Curso L2002054 Aproveitamento didáctico de ferramentas institucionais para o ensino mixto

OBXECTIVOS

1.- Organizar unha alternativa ao ensino presencial a través das ferramentas dixitais institucionais.

2.- Analizar e aproveitar as posibilidades didácticas das ferramentas institucionais para o ensino mixto ou como apoio ao ensino presencial.

3.-Integrar o manexo das ferramentas institucionais na docencia, a comunicación e a xestión de contidos educativos.


CONTIDOS

1.-Plataformas institucionais de xestión de aprendizaxe: manexo para a organización da docencia mixta.

2.-Posiblidades didácticas das ferramentas de comunicación síncrona e asíncrona para o desenvolvemento da docencia mixta.

3.-Feramentas e posibilidades de creación ou aproveitamento de contidos dixitais.