PLAN PROXECTA
PROXECTA: COIDA AOS ANIMAIS
Enviado por admin o Xov, 28/06/2018 - 12:45PROXECTA “COIDA AOS ANIMAIS”: UN ANIMAL, UN GRAN AMIGO
Con este proxecta buscamos dende o centro que os nosos alumnos e alumnas coñeceran e se familiaricen cun tipo de relación baseado nos beneficios psíquicos ou psicolóxicos que nos proporcionan os animais non como mascotas, senón como algo moito máis amplo, como compañeiros ou amigos.
Coidar a un animal non significa soamente alimentalo e darlle cobixo. É un concepto moito máis amplo e global que significa proporcionarlle coidados veterinarios durante toda a súa vida, momentos de xogo, unha alimentación axeitada, etc.
Tamén consideramos fundamental o feito de ter unha mascota, aínda que optaremos máis pola palabra amigo ou compañeiro, significa un compromiso de “por vida”, ineludible e irreversible, para evitar conductas como o abandono ou o maltrato. Os nosos compañeiros non só obxectos, senón que poden experimentar sentimentos como o amor, o medo, a pena, a alegría, etc., e é a nosa responsabilidade o seu benestar.
Por otra banda, tamén quixemos que coñeceran outros aspectos dos animais cos que non están familiarizados. Falamos e vimos experiencias das súas funcións terapeúticas e sociais, como axuda a persoas con autismo, invidentes, maiores ou de movilidade reducida, cans policías, etc…
UN CONTO PARA PI
Enviado por admin o Mar, 20/03/2018 - 12:51Onte tivemos unha visita moi especial, coñecemos a Pi, un can moi cariñoso.
Dentro do Proxecto Protexe os animais, que desenvolvemos no noso centro, participamos na actividade Proxecto Educativo de Sensibilización para fomentar a tenencia responsable de animais de compañía e a natureza.
Un Conto para PI é un proxecto Piloto de educación ambiental a través da animación a lecto -escritura e a creatividade nos escolares de primaria, tendo como vehículo e ferramenta de comunicación interactiva a un can: “PI”, un can de cinco anos adoptado de moi bon carácter que vai a mostrar otras formas de contemplar la protección animal e a sensibilización da natureza.
O obxectivo principal e a educación e sensibilización cara a protección e a tenencia responsable de animais domésticos na poboación escolar , os beneficios dos animais domésticos na saúde das persoas e no seu benestar e a importancia da conservación da natureza.
Co fin de fomentar a lectura, os nenos e nenas de 2º e 3º elaboraron un conto para PI.
Gustounos moito a experiencia!!
Grazas a Ana e a PI pola visita!!
Un conto para Pi from Mariola on Vimeo.
O NOSO TRABALLO NO FITOFALADOIRO
Enviado por admin o Mar, 06/06/2017 - 15:21Por segundo ano, os nenos e nenas de Primaria participamos no Proxecto de Fitofaladoiro para coñecer as plantas da nosa contorna e os seus usos.
Coa axuda dos profes, recoñecemos, recollemos, secamos e expoñemos algunhas plantas que sabemos que son útiles na nosa zona.
Esperamos seguir aprendendo para o curso que ven!!
A continuación, podedes ver algunhas das actividades que se fixeron; e no seguinte enlace, podedes ver o vídeo da visita do avó dun alumno do colexio que, nos veu a falar das diversas plantas que el coñece e os seus posibles usos.
O noso traballo no Fitofaladoiro from ceip santa maria on Vimeo.
ACTIVIDADE DO PROXECTO FITOFALADOIRO
Enviado por admin o Mar, 06/06/2017 - 13:41O venres tivemos a sorte de contar coa visita do avó de David, de 3º de primaria.
Era unha actividade englobada dentro do Proxecto Fitofaladoiro, que levamos a cabo durante este curso no noso colexio.
O avó de David, José Álvarez, veunos a falar das plantas que el coñece, e as súas posibles aplicacións na vida cotiá.
A continuación, podedes ver un pequeno resumo do que nos contou.
Moitas grazas José!
Fitofaladoiro from CEIP Fonsagrada on Vimeo.
Artigo para revista escolar "Visita ao Castelón"
Enviado por carmenarias o Mar, 28/06/2016 - 22:33Visita ao Museo das peregrinacións e visita guiada polas murallas da cidade de Santiago de Compostela
Enviado por carmenarias o Lun, 27/06/2016 - 23:13Visita a Santiago de Compostela, Mirando polo camiño
Visita ao Castelón de Castañoso
Enviado por carmenarias o Dom, 26/06/2016 - 12:55O 31 de Maio fixemos unha visita ao Castelón de Castañoso da man de Luis, un dos arqueólogos que está traballando na súa recumeración.