Proxecto Deportivo do Centro
Andaina/Ruta deportiva. Día do Medio Ambiente
Enviado por admin o Lun, 20/06/2022 - 00:00Para conmemorar o Día do Medio Ambiente, todo o alumnado e profesorado do centro realizou unha andaina e/ou ruta deportiva en bicicleta pola contorna da vila. Culminou coa visita á Aula da Natureza da Fonsagrada, por tratarse dun fermoso enclave natural. Neste espazo verde, rodeado de natureza, realizamos diversas actividades de convivencia que incluiron xogos variados e unha merenda grupal.
Gustaríanos agradecer especialmente a Nuria e a Quique, a súa colaboración e implicación nesta actividade deportiva. Aquí vos deixamos mostra da xornada.
PATIOS DINÁMICOS EN ACCIÓN!
Enviado por admin o Mér, 15/06/2022 - 00:00Durante este curso escolar foi posible ampliar e diversificar as zonas de xogo xa existentes nos tempos de lecer, ao incorporar un abano diverso de novos xogos pintados no chan:o twister, un campo de chapas, unha portería multifunción, o xogo do tres en raia, e un circuíto deportivo. A música e o baile tamén foron gañando paulatinamente protagonismo.
Salientar que a creación da figura d@ encargad@ de material semanal, contribuiu a potenciar entre os discentes un uso responsable e eficiente dos diferentes materiais de xogo que se empregaban por cursos durante os recreos. Aquí vos deixamos mostra dos patios dinámicos en acción!.
Letras Galegas 2022. Actuación do grupo: Antaruxas e Sorteiros
Enviado por admin o Lun, 23/05/2022 - 00:00Na xornada de celebración das Letras Galegas, puidemos gozar tamén da compaña de antigos alumn@s integrantes do Grupo musical "Antaruxas e Sorteiros", que nos deleitaron co baile da canción de "Terra", do grupo Tanxugueiras, así como con outras pezas tradicionais galegas. A súa visita fíxonos mover o esqueleto a tod@s e gozar do noso rico folclore popular.
8 de Marzo: Día da Muller
Enviado por admin o Ven, 18/03/2022 - 01:00O pasado 8 de marzo celebramos no colexio o Día da Muller a través de diferentes actividades. Aquí vos deixamos unha pequena mostra.
Celebración do Día da PAZ
Enviado por admin o Xov, 03/02/2022 - 13:45O pasado venres 28 de xaneiro celebramos no colexio o Día da PAZ realizando diversas actividades: contacontos nas aulas relacionados coa temática da Paz, decoración por cursos das portas das aulas, e tamén movemos o esqueleto ao son das cancións: "Paz, paz, paz" do cantante Juanes, e maila canción "No "Dudaría", de Antonio Flores.
Aquí vos deixamos unha mostra desta produtiva xornada.