AXUDAS 2024 -2025

 

ORDE do7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/2025 (código de procedemento ED330B).

DIRIXIDA A:

- Fondo solidario de libros de texto a 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria. (O alumnado que curse 5º e 6º de educación primaria no curso 2024/25 estará inmerso no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) e, polo tanto, está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto)

- Axudas para adquirir libros de texto a 1º e 2º de educación primaria.

- Axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria.

PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES:

Dende o 21 de maio ata o 21 de xuño, ambos incluídos.

Poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro. A solicitude será única para todos os fillos ou fillas.

Por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I e II) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal. Neste caso, será necesario a presentación dunha solicitude por alumno ou alumna.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

- Solicitude (Anexo I) e o Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar). Podedes descargar os documentos dende aquí ANEXO I e II.

- Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

-En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

1º. Certificado ou volante de convivencia.

2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

- Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

- Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

- Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

- Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

- Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE

 OUTRA INFORMACIÓN IMPORTANTE

• PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DE BENEFICIARIOS: 24 de xuño de 2024.

• RECLAMACIÓNS Á LISTAXE PROVISIONAL: 25-26 de xuño de 2024.

•PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA: 27 de xuño de 2024.

•ENTREGA DE VALES DE MATERIAL ESCOLAR: 1 e 2 de xullo de 2024.