OBRADOIRO: AVENTURAS NO MAR

A semana pasada tivemos, no noso cole, un Obradoiro de Aventuras no mar.

Con este obradoiro puidemos coñecer as diferentes propiedades dos peixes, os beneficios que nos aportan para a nosa saúde.

Tamén puidemos aprender como é o traballo das mariscadoras, dos mariñeiros e dos pescadores. Ata nos ensinaron como é funcionamento da lonxa.