25 DE NOVEMBRO. DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O día 25 de novembro celebrouse o Día contra a Violencia de Xénero.

Dende o noso cole, quixemos conmemorar este día participando, ao igual que o curso pasado, no Proxecto colaborativo #equaliter realizado entre máis de 60 colexios de toda Galicia e organizado polo CEIP Aquilino Iglesias Alvariño de Abadín. Cada centro elaboramos un mural co paxariño de twiter onde plasmamos as nosas mans en contra da violencia. Ademais de realizar un vídeo cos alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.

Dende o noso centro queremos felicitar ao colexio de Abadín por este Proxecto levado a cabo, un ano máis. NORABOA POLA INICIATIVA!!

(Para ver o vídeo do Proxecto, de todos os colexios de Galicia que participaron, premer aquí

E nos seguintes vídeos podedes ver o traballo elaborado polo noso cole.

25N from CEIP Fonsagrada on Vimeo.

#equaliter from CEIP Fonsagrada on Vimeo.

Día contra a violencia de xénero from CEIP Fonsagrada on Vimeo.