CAMPAÑA ESCOLAR APRENDENDO IGUALDADE

No noso cole participamos na CAMPAÑA ESCOLAR APRENDENDO IGUALDADE proposta pola Deputación Provincial de Lugo.

Este proxecto ten o obxectivo de fomentar entre o alumnado de Educación Infantil e Primaria, xunto co profesorado, actitudes favorables á educación e á convivencia en iguadade entre nenas e nenos.

A actividade consistía en traballar o conto: "Vanesa non quere ser princesa" e posteriormente había que elaborar un mural-homenaxe ás mulleres do noso concello; para elo, cada nena e neno tiña que escoller unha muller a que admiren e debuxala para colocar no mural.

No seguinte vídeo podedes ver o resultado.

Aprendendo Igualdade from Mariola on Vimeo.