DÍA DA PAZ

O 30 de xaneiro celebramos no noso cole o Día da Paz.

Para elo acudimos todos a biblioteca a ver un vídeo da canción Where is the love?, traducida ao galego, que se grabara previamente cos nenos/as (o vídeo podédelo ver na entrada anterior).

A continuación, os alumnos e alumnas de 6º  leron unha serie de frases relacionadas coa Paz, ditas por personaxes célebres como: Mahatma Gandhi, Madre Teresa de Calcuta, Rigoberta Menchú, Nelson Mandela e Martin Luther King, entre outros.

Despois cantamos todos xuntos a canción de Macaco, "Marea de gente".

E para finalizar, elaboramos un mural onde plasmamos as nosas mans simbolizando gotas, dado que a canción dí que "gota sobre gota somos olas que hacen mares"...

Esperamos que vos guste!!

Día da Paz from Mariola on Vimeo.