Complementarias

CONTINUACIÓN DO GOT TALENT

A continuación podedes ver a continuación do GOT TALENT!!

Esperamos que vós guste!!

 

Continuación do GOT TALENT from Mariola on Vimeo.

MÁIS ACTUACIÓNS DA FESTA DE FIN DE CURSO

Os nenos e nenas de Infantil, os de 1º de Primaria e os de , tamén quixeron despedir este curso ofrecéndonos unha serie de actuacións.

FIXÉRONO XENIAL!!!

Podédelas ver, a continuación, no seguinte video: 

Fin de curso 2016-2017 from CEIP Fonsagrada on Vimeo.

FESTA DE INCHABLES PARA CELEBRAR O FIN DE CURSO!!!

Hoxe rematamos o curso escolar 2016/2017, asi que para celebralo tivemos, ademáis do concurso de GOT TALENT,  festa de inchables!!!!!

Pásamolo xenial!!!!!

Inchables from CEIP Fonsagrada on Vimeo.

CHARLA DA GARDA CIVIL SOBRE OS RISCOS DAS NOVAS TECNOLOXÍAS

Hoxe visitounos Ramón, un membro da Garda Civil, que nos veu a falar dos posibles riscos que pode ter o uso indebido das Novas Tecnoloxías.

Era unha actividade dirixida aos nenos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.

Foi unha charla moi interesante e produtiva, tanto para os alumnos/as como para os mestres.

Moitas grazas Ramón!!!

Riscos de Internet from CEIP Fonsagrada on Vimeo.

O ARTISTA E A CIDADE

O pasado luns, os nenos e nenas de 1º e 2º desprazáronse a Lugo para realizar unha viaxe en autobús pasando por diferentes cadros que os mergullaron en diversas cidades. 

Cunha visita ao ansiado Parque de Rosalía de Castro, o seu encanto e o seu estanque de patiños, rematamos o día. 

 

A cidade e o artista. Excursión a Lugo. from Maria on Vimeo.

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

O día 16 de maio, celebramos o festival do Día das letras Galegas.

Este ano adicado a Carlos Casares.

Podedes ver, a continuación, un pequeno resumo das actuacións.

Día das Letras Galegas from CEIP Fonsagrada on Vimeo.

TEATRO: O TALLER DE COSTURA DE DONA MERCEDES

A continuación, podedes ver a obra de teatro que representaron alumnos e alumnas do cole, no festival das Letras Galegas.

Fixérono xenial, son uns artistas!!!

A obra titúlase: O taller de costura de Dona Mercedes

Teatro: O taller de costura de Dona Mercedes from ceip santa maria on Vimeo.

VISITA AO MUSEO DO MAR DE SAN CIBRAO

O 18 de maio celébrase o Día Internacional dos museos; nós fomos visitar o Museo do Mar de San Cibrao.

Queremos agradecer a Ángeles, a nosa guía do museo, todo o que nos explicou. Gustounos moito!!

Moitas grazas Ángeles!!

Museo do mar de San Cibrao from ceip santa maria on Vimeo.

VISITA DUNHA NUTRICIONISTA

O venres visitounos Raquel, unha nutricionista.

Con ela aprendemos que é unha alimentación saudable, e qué tipo de alimentos, deben formar parte da nosa dieta para poder crecer sans e fortes.

Moitas grazas Raquel, encantounos a túa visita!!!

Visita dunha nutricionista from ceip santa maria on Vimeo.

XA TEMOS HORTO NO COLE!!

Xa temos un horto no cole!!!

Os nenos e nenas de Infantil e os de 3º e 4º de Primaria prantaron tomates, berros, leitugas, fabas, lentellas e cenorias, nun recunchiño do patio, grazas ao profe Anxo.

Pasárono xenial montando o horto!!

O noso horto from ceip santa maria on Vimeo.

Distribuir contido