Actividades de dinamización da Biblioteca

Actividades de dinamización da Biblioteca

CONTACONTOS PARA A IGUALDADE!!!

Esta semana puidemos disfrutar dun Contacontos, que tiña como finalidade, fomentar o valor da Igualdade entre o noso alumnado.

A profe Carmen, contounos aos nenos e nenas de Infantil e aos de 1º e 2º de Primaria dous contos chulísimos; que xa forman parte da nosa biblioteca:

  • ¡VIVAN LAS UÑAS DE COLORES! de Alicia Acosta (conto inspirado nunha historia real)
  • ¡HOMBRE DE COLOR! de Jérôme Ruillier (conto de tradición africana)

Contos como éstes, son necesarios para  tratar de romper cos estereótipos de xénero entre os nosos alumnos e alumnas, para inculcar o respecto pola diversidade, a igualdade, a superación de prexuízos; favorecendo sempre o valor da convivencia e a inclusión; valores fundamentais na nosa sociedade.

No seguinte vídeo podedes ver un resumo da actividade...

Os nenos e nenas pasárono xenial, xa que ata puideron experimentar o que sentía o protagonista dunha das historias pintando as uñas; sen establecer diferenzas de xénero entre homes e mulleres.

PROXECTO "A VOLTA AO MUNDO"

Continuamos traballando no noso Proxecto "A volta ao Mundo", que estamos a desenvolver ao longo deste curso.

Levamos a cabo actividades de consulta de información dos diferentes países que estamos a estudar; empregando libros que mercamos cos fondos do PLAMBE.

Os nenos e nenas de Infantil traballaron cunha mesa de luz para formar a cara dunha persona procedente de China (país que están a coñecer).

No vídeo podedes ver un resumo das actividades...

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O 8 de marzo commerouse o Día Internacional da Muller.

Para celebralo dende Biblioteca propuxemos unha actividade para realizar neste día.

Como este curso comezamos a ser centro PLAMBE, puidemos mercar varios libros adicados a mulleres que destacaron ao longo da historia.

Cada aula de Primaria, escolleu un libro e traballaron as biografías das diferentes mulleres; a partir de ahí, elaboraron unha selección da información que máis lles chamou a atención ou que máis destaca, de cada unha delas...

No seguinte vídeo podedes ver os libros que estivemos traballando, e os nenos e nenas contándonos un pouquiño de cada unha das mulleres que coñeceron.

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O día 24 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía de Castro.

Para celebralo os nenos e nenas de Infantil reproduciron en tamaño grande o cartel deste ano de Rosalía, publicado pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.

E os alumnos e alumnas de Primaria participaron nuns Obradoiros levados a cabo por Cristina, a nosa mestra de Música.

Nestes obradoiros puidemos coñecer diferentes poemas de Rosalía, musicalizados por distintos músicos galegos.

No seguinte vídeo podedes ver un resumo das actividades realizadas. 

LIBROS E CONTOS NOVOS PARA A BIBLIOTECA!!!

Continuamos aumentando os nosos fondos bibliográficos da Biblioteca, grazas ao PLAMBE.

Mercamos contos novos para Infantil  e libros e contos para Primaria, así como libros de consulta e tamén relacionados co noso Proxecto A VOLTA AO MUNDO.

No seguinte vídeo podedes ver a selección que fixemos...

TEMOS MOBILIARIO NOVO PARA A BIBLIOTECA!!!

Seguimos mercando recursos para a nosa Biblioteca, cos fondos do PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares).

Precisábamos cambiar as estanterías da nosa biblioteca e adquirir expositores para facer máis visibles as novedades; tamén mercamos sillóns e coxíns.

No seguinte vídeo podedes ver as cousiñas que fomos mercando.  

PROXECTO "A VOLTA AO MUNDO"

Continuamos a traballar no noso Proxecto A volta ao Mundo.

Seguimos a coñecer máis aspectos dos diferentes países. 

Os nenos e nenas de Infantil pintaron  Gran Muralla China, os de 1º e 2º vimos cómo era a alimentación no antigo Exipto, fixemos un mural sobre curiosidades e inventos exipcios a ata tivemos unha sesión de cine con entradas de verdade; vimos a película "Astérix e Cleopatra".

Os nenos de 3º elaboramos unhas pulseiras típicas de Brasil e os alumnos e alumnas de 4º investigamos nun libro sobre curiosidades de Marruecos e do Islam.

PASAPORTES LECTORES

Este curso, como xa sabedes, estamos desenvolvendo un Proxecto, con todo o colexio, que se chama "A Volta ao Mundo"

Por iso dende a Biblioteca quixemos elaborar uns lectómetros relacionados con dito Proxecto. Onde, en Primaria, as alumnas e os alumnos poden ir reflectindo os libros e os contos que van lendo, anotando os datos e facendo un pequeno resumo; ou indicando se lles gustou ou non, no caso dos nenos e nenas de Infantil.

Cada vez que rematan un libro ou un conto que van lendo, colocámoslles un selo de diferentes países

Asi puxemos en marcha os Pasaportes Lectores!!

Que nos permiten "viaxar" a través dos libros e dos contos.

MERCAMOS PELÍCULAS NOVAS!!!!

Continuamos aumentando os nosos recursos da biblioteca, coa axuda do PLAMBE (Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares).

Esta vez mercamos DVDs novos, para poder facer algunha sesión de cine no cole e tamén para poder levar nas mochilas viaxeiras; e deste xeito poder velas, na casa, con toda a familia. 

MERCAMOS CONTOS NOVOS PARA INGLÉS!!!

Como xa sabedes agora somos centro Plurilingüe; por iso temos que mercar novos recursos para traballar en Inglés e seguir mellorando na nosa competencia en Lingua Estranxeira.

Ademais dos xogos que vós ensinamos a semana pasada, acabamos de mercar uns libros e uns contos chulísimos...

Estamos deseando comezar a traballar con eles!!!

Distribuir contido