Dinamización da Lingua Galega
CONTACONTOS EN FAMILIA
Enviado por admin o Xov, 06/06/2019 - 14:33Hoxe tivemos a visita na biblioteca, da mamá de Hugo Villar.
Os alumnos e alumnas de 3º de primaria puidemos disfrutar duns contos que nos veu a ler.
Ao finalizar fixémoslle entrega do diploma de agradecemento, por ter participado no noso Contacontos en Familia.
MOITAS GRAZAS COVI!!
CONTACONTOS EN FAMILIA
Enviado por admin o Mér, 05/06/2019 - 14:28Hoxe visitou a nosa Biblioteca, o papá de Uxía.
Veu a contarnos uns contiños que nos gustaron e nós fixeron rir moito.
E como xa casi rematamos o curso, fixémoslle entrega do diploma de agradecemento ás familias, que se animan a participar no Contacontos en Familia.
MOITAS GRAZAS ANTONIO!!
CONTACONTOS EN FAMILIA
Enviado por admin o Mér, 05/06/2019 - 14:23Onte os nenos e nenas de Infantil puidemos disfrutar da visita, na nosa Biblio, da mamá e do papá de Irene.
Viñeron a contarnos dous contos que nos encantaron: "He llegado tarde porque..." e "A pita vermella".
E como xa estamos rematando o curso, fixémoslles entrega do diploma de agradecemento ás familias que participaron no Contacontos en Familia.
MOITAS GRAZAS TERESA E KIKE
CONTACONTOS EN FAMILIA
Enviado por admin o Mér, 05/06/2019 - 00:31Hoxe tivemos a visita no noso cole da mamá de Icía, veunos a ler unha morea de contos chulísimos!!
Os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Primaria, pasámolo xenial escoitando as historias.
Ao finalizar o Contacontos, fixemos entrega do diploma de agradecemento por querer vir a compartir con nós estes momentos de lectura.
MOITAS GRAZAS MARTA!!
CONTACONTOS EN FAMILIA
Enviado por admin o Mér, 05/06/2019 - 00:23O luns, os nenos e nenas de Infantil disfrutamos dun Contacontos en Familia moi especial; tivemos a visita na Biblio da mamá, dos avós e do irmán de Ainhoa, da aula de 3 anos. Neste caso animouse a lernos o conto de Pinocho, a avoa de Ainhoa.
Unha vez que escoitamos o conto, fixemos entrega á familia, do diploma de agradecemento pola participación nesta actividade.
MOITAS GRAZAS POLA VOSA VISITA, FAMILIA!!!
CONTACONTOS EN FAMILIA
Enviado por admin o Mér, 05/06/2019 - 00:06O pasado venres, os nenos e nenas de Infantil puidemos disfrutar dun Contacontos en Familia. Nesta ocasión, a encargada de contarnos un conto chulísimo, foi a mamá de Iker, da aula de 5 anos.
Gustounos moito o conto e pasámolo xenial!!
Ao finalizar o conto, fixemos entrega do diploma de agradecemento pola participación na actividade de Biblioteca.
MOITAS GRAZAS VANESA!!
APADRIÑAMENTOS LECTORES 2019
Enviado por admin o Ven, 31/05/2019 - 12:01Onte celebramos os Apadriñamentos Lectores!!
Os alumnos e alumnas de 5º e 6º léronlles contos ao resto do colexio; formamos grupos con nenos e nenas de todos os cursos.
Pasámolo xenial!!
No seguinte vídeo, podedes ver un pequeno resumo...
MARCHAMOS DE EXCURSIÓN Á CORUÑA!!!
Enviado por admin o Xov, 23/05/2019 - 17:41O mércores 22 de maio, fomos de excursión á Coruña cos alumnos e alumnas de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.
Comezamos visitando a Casa do Home; gustounos moito a experiencia xa que está chea de xogos interactivos.
Despois visitamos o Acuario.
E para finalizar a nosa excursión quixemos coñecer tamén a Casa das Ciencias.
No seguinte vídeo, podedes ver un resumo do ben que o pasamos e do que disfrutamos experimentando con cada xogo.
Casa do Home 1ª parte
Casa do Home 2ª parte
Acuario.
Casa das Ciencias.
CAMIÑATA ATA A AULA VERDE
Enviado por admin o Xov, 23/05/2019 - 17:32O mércores 22 de maio, os nenos e nenas de Infantil e os de 1º de Primaria, fixeron unha camiñata ata a Aula Verde de Fonsagrada.
Ao chegar, merendaron; despois tiveron diversos xogos por estacións: carreira de sacos, o paracaídas, a pita cega e o topo (xogo que consiste en adiviñar obxectos que anteriormente buscarán na natureza)...ata tiveron un obradoiro de "pintacaras".
Pasárono xenial!!!
GYMKANA ANTÓN FRAGUAS
Enviado por admin o Lun, 20/05/2019 - 15:52Para celebrar o Día das Letras Galegas, ademais do Festival coas diferentes actuacións por grupos, tamén quixemos realizar unha GYMKANA adicada a Antón Fraguas.
Na gymkana, as probas xiraban en torno a o libro: A detective Peregrina e o insólito "caso Antón Fraguas".
Pasámolo xenial!! E todos levamos agasallo!!
No seguinte vídeo podedes ver un resumo da actividade.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »