Actividades de dinamización da Biblioteca

Actividades de dinamización da Biblioteca

EXPOSICIÓNS ORAIS DO PROXECTO A VOLTA AO MUNDO

Como xa falta pouco para rematar o curso 2018/2019, tócanos poñer punto final o noso Proxecto A Volta ao Mundo, que desenvolvemos durante este ano.

Pareceunos que a mellor maneira de despedirnos do Proxecto, era que cada aula lle contase ao resto de compañeiros e compañeiras o que foron aprendendo, durante estes meses, sobre o país que traballaron.

Nos seguintes vídeos podedes ver as exposicións orais de cada grupo...

 

CONTACONTOS EN FAMILIA

Hoxe tivemos a visita na biblioteca, da mamá de Hugo Villar.

Os alumnos e alumnas de 3º de primaria puidemos disfrutar duns contos que nos veu a ler.

Ao finalizar fixémoslle entrega do diploma de agradecemento, por ter participado no noso Contacontos en Familia.

MOITAS GRAZAS COVI!!

CONTACONTOS EN FAMILIA

Hoxe visitou a nosa Biblioteca, o papá de Uxía.

Veu a contarnos uns contiños que nos gustaron e nós fixeron rir moito.

E como xa casi rematamos o curso, fixémoslle entrega do diploma de agradecemento ás familias, que se animan a participar no Contacontos en Familia.

MOITAS GRAZAS ANTONIO!!

CONTACONTOS EN FAMILIA

Onte os nenos e nenas de Infantil puidemos disfrutar da visita, na nosa Biblio, da mamá e do papá de Irene.

Viñeron a contarnos dous contos que nos encantaron: "He llegado tarde porque..." e "A pita vermella".

E como xa estamos rematando o curso, fixémoslles entrega do diploma de agradecemento ás familias que participaron no Contacontos en Familia.

MOITAS GRAZAS TERESA E KIKE

CONTACONTOS EN FAMILIA

Hoxe tivemos a visita no noso cole da mamá de Icía, veunos a ler unha morea de contos chulísimos!!

Os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Primaria, pasámolo xenial escoitando as historias.

Ao finalizar o Contacontos, fixemos entrega do diploma de agradecemento por querer vir a compartir con nós estes momentos de lectura.

MOITAS GRAZAS MARTA!!

CONTACONTOS EN FAMILIA

O luns, os nenos e nenas de Infantil disfrutamos dun Contacontos en Familia moi especial; tivemos a visita na Biblio da mamá, dos avós e do irmán de Ainhoa, da aula de 3 anos. Neste caso animouse a lernos o conto de Pinocho, a avoa de Ainhoa.

Unha vez que escoitamos o conto, fixemos entrega á familia, do diploma de agradecemento pola participación nesta actividade.

MOITAS GRAZAS POLA VOSA VISITA, FAMILIA!!!

CONTACONTOS EN FAMILIA

O pasado venres, os nenos e nenas de Infantil puidemos disfrutar dun Contacontos en Familia. Nesta ocasión, a encargada de contarnos un conto chulísimo, foi a mamá de Iker, da aula de 5 anos.

Gustounos moito o conto e pasámolo xenial!!

Ao finalizar o conto, fixemos entrega do diploma de agradecemento pola participación na actividade de Biblioteca.

MOITAS GRAZAS VANESA!!

APADRIÑAMENTOS LECTORES 2019

Onte celebramos os Apadriñamentos Lectores!!

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º léronlles contos ao resto do colexio; formamos grupos con nenos e nenas de todos os cursos.

Pasámolo xenial!!

No seguinte vídeo, podedes ver un pequeno resumo...

BIBLIOTECA INCLUSIVA

Continuamos mercando fondos bibliográficos para aumentar os nosos recursos da Biblioteca.

Nesta ocasión mercamos libros e contos para traballar a diversidade, a inclusión, a amizade, respecto aos demais etc...

Tratamos de camiñar cara á construción dunha Biblioteca Inclusiva.

ESTRENAMOS NOVA BIBLIOTECA!!!!!!!

Como xa vós comentamos en varias ocasións, o noso centro este ano estivo incluído no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE).

Grazas a isto, puidemos renovar a nosa Biblioteca; o que implicou mercar mobiliario, fondos bibliográficos, e unha gran variedade de xogos.

No vindeiro curso, tentaremos seguir mellorando e ampliando os nosos recursos; sempre coa finalidade de espertar no noso alumnado o interese pola lectura.

E como estamos de estrea, querémosvos ensinar a nova Biblioteca!!

Que vós parece?

Distribuir contido