Complementarias

HALLOWEEN!

A nosa biblioteca converteuse nun lugar tenebroso para celebrar o noso particular Halloween, onde os alumnos e alumnos de tódolos cursos fixeron unhas magníficas actuacións na lingua inglesa.

Untitled from ceip santa maria on Vimeo.

24 DE OUTUBRO - DÍA DA BIBLIOTECA

05/11/2014 16:36
Africa/Addis Ababa

O Día 24 de Outubro de 2014, celebramos no cole o Día das Bibliotecas.Para elo fixemos dúas actividades.

Unha obra de monicreques en inglés titulada "Ted and Todd´s dog", interpretada por uns alumnos e alumnas de 6º.

Despois, co lema "Eu recomendo..." os nenos e nenas, nas clases, debuxaron a portada do seu libro preferido, para recomendárllelo os demais.

 

 

 

DÍA DA BIBLIOTECA 2014 on PhotoPeach

CONSTRÚE O TEU TERRITORIO

22/10/2014 17:44
Africa/Addis Ababa

Hoxe veu ao colexio un representante de ADEGA para ensinarnos dunha maneira práctica e divertida a construír unha vila sostible, planificando o territorio tendo en conta as persoas que viven nel e colocando cada cousa no seu lugar sen que interfiran unhas con outras ou poidan afectar negativamente ao desenvolvemento do medio.

Aquí tedes unhas fotos do noso traballo.

 

Constrúe o teu territorio on PhotoPeach

CHARLA SOBRE A RECICLAXE

02/10/2014 15:32
Africa/Addis Ababa

Hoxe tivemos no colexio unha charla sobre a reciclaxe na que nos contaron que no noso concello estamos reciclando cada vez máis e que tamén o facemos mellor.

Tamén aprendemos moitas cousas como que:

- Unha botella de vidro pódese reciclar ata 60 veces.

- Con 40 botellas de plástico transparentes fabrícase un forro polar.

- Moitas tartarugas mariñas e aves morren por comer bolsas de plástico.

RECICLAXE on PhotoPeach

EDUCACIÓN VIAL

01/10/2014 17:53
Africa/Addis Ababa

Do 25 ao 30 de setembro estivemos aprendendo no colexio educación vial dunha maneira moi divertida.

Moitas grazas a todas as persoas que colaborastes nesta actividade.

cars on PhotoPeach

BIRIMBAO

03/06/2014
Africa/Addis Ababa

Os alumnos/as dos cursos de trompa ou birimbao, xunto con outros compañeiros/as do cole visitamos o Centro de Artesanía e Deseño de Lugo onde nos explicaron moitas cousas sobre os instrumentos musicais galegos e o Presidente da Deputación entregounos os diplomas dos cursos.

TROMPA on PhotoPeach

LETRAS GALEGAS 2014

17/05/2014
Africa/Addis Ababa

Hoxe celebramos o Día das Letras Galegas cun festival no que recordamos a Xosé María Díaz Castro, poeta homenaxeado este ano, no que se conmemora o centenario do seu nacemento.

 

LETRAS GALEGAS 2014 on PhotoPeach

21 de marzo - Día da Árbore

Día da Árbore on PhotoPeach

Carnaval 2013/14

Carnaval Ceip Santa María Curso 2013/14 on PhotoPeach

EXPER-CIENCIA

charla do CSIC on PhotoPeach

Distribuir contido