Complementarias

MIGALLAS TEATRO

Continuando coa celebración da Semana do Libro, tivemos a actuación do grupo de teatro Migallas.

Viñéronnos a contar as historias do avó Manuel e a súa neta Rosiña. Ademais de ensinarnos varias cancións.

Foi moi divertido!! Encantounos!! 

Podedes ver a continuación un pequeno anaquiño da súa actuación.

Moitas grazas ao grupo Migallas e ao concello de A Fonsagrada, que fixeron posible o desenvolvemento desta actividade.

Untitled from CEIP Fonsagrada on Vimeo.

CELEBRACIÓN DA SEMANA DO LIBRO: VISITA DE XOSÉ MIRANDA

Esta semana, para comezar coa celebración da Semana do libro, tivemos a sorte de contar coa visita do escritor Xosé Miranda. É o autor, entre outras obras, de "Álvaro, Álvaro".  Historia que, os alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º, tiveron a oportunidade de ler.

Os nenos e nenas, puideron facerlle diversas preguntas e contounos varios contos moi divertidos. 

Pasámolo xenial!!!!

Moitas grazas Xosé, pola túa visita!!

Untitled from ceip santa maria on Vimeo.

PRANTAMOS UNHA ÁRBORE!!

Hoxe prantamos unha árbore no patio, entre todos!!

O día da árbore, debido as condicións meteorolóxicas, non puidemos realizar esta actividade.

Prantamos unha árbore!! from ceip santa maria on Vimeo.

DÍA DA ÁRBORE E DA AUGA

O 21 de marzo celebramos o Día da Árbore e da Auga.

Tivemos a oportunidade de disfrutar da presenza de dous axentes facultativos medioambientais da Xunta de Galicia, José Vázquez e Jesús Campelo. Con eles puidemos coñecer semillas de diferentes árbores e aprender a prantalas. Despois colocamos os semilleiros nun dos patios do colexio; agora só queda esperar a que medren...

Disfrutamos moito con esta actividade!!!

Queremos agradecer a colaboración nesta actividade de José Vazquez e Jesús Campelo e especialmente, a Tobías Martínez garda forestal da Fonsagrada.

Moitas grazas a todos!!

Día da árbore from CEIP Fonsagrada on Vimeo.

Programa ATREVETE!

O 17 de Marzo, os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria, acudiron ao CIFP Politécnico de Lugo. Coa finalidade de participar no Programa ATREVETE.

Tiveron a oportunidade de coñecer diferentes saídas profesionais, que se ofertan neste centro.

Gustoulles moito esta experiencia!

A continuación, podedes ver un pequeno exemplo das actividades nas que tiveron a oportunidade de participar.

Untitled from ceip santa maria on Vimeo.

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Aproveitando que o Día da Muller Traballadora coincide coa Semana da Prensa, decidimos entrevistar a Xiana Arias, xornalista, escritora e poeta nacida na Fonsagrada.

Fixemos unha videoconferencia con ela e os nenos puideron facerlle unhas cuantas preguntas.

Podedes ver, a continuación, un pequeno fragmento da entrevista.

Moitas grazas Xiana, pola túa colaboración!! 

 

Entrevista a Xiana Arias from CEIP Fonsagrada on Vimeo.

PASARRÚAS POLA VILA!!!

O venres, para continuar coa celebración do Entroido, tamén saímos polas rúas de Fonsagrada!!

Pasarrúas from Mariola on Vimeo.

PHOTOCALL DE ENTROIDO!!

O venres de Entroido continuamos co noso Photocall!!

Algúns pais e nais tamén se animaron a retratarse. Pasámolo xenial!!

Photocall de Entroido from Mariola on Vimeo.

CELEBRANDO O ENTROIDO!!

Para celebrar o Entroido, fixemos un photocall!!

Pasámolo xenial!!!

Viva o Entroido!! from ceip santa maria on Vimeo.

DÍA DA PAZ

O 30 de xaneiro celebramos no noso cole o Día da Paz.

Para elo acudimos todos a biblioteca a ver un vídeo da canción Where is the love?, traducida ao galego, que se grabara previamente cos nenos/as (o vídeo podédelo ver na entrada anterior).

A continuación, os alumnos e alumnas de 6º  leron unha serie de frases relacionadas coa Paz, ditas por personaxes célebres como: Mahatma Gandhi, Madre Teresa de Calcuta, Rigoberta Menchú, Nelson Mandela e Martin Luther King, entre outros.

Despois cantamos todos xuntos a canción de Macaco, "Marea de gente".

E para finalizar, elaboramos un mural onde plasmamos as nosas mans simbolizando gotas, dado que a canción dí que "gota sobre gota somos olas que hacen mares"...

Esperamos que vos guste!!

Día da Paz from Mariola on Vimeo.

Distribuir contido