Dinamización da Lingua Galega

CONTACONTOS EN FAMILIA

Esta semana os nenos e nenas de 2º de Primaria tivemos Contacontos en Familia.

A mamá de Hugo Villar veu a contarnos unhas fábulas chulísimas.

Gustáronnos moito!!

MOITAS GRAZAS COVI!!!!

Contacontos en familia from CEIP Fonsagrada on Vimeo.

CONTACONTOS EN FAMILIA

Esta semana sendo a SEMANA DO LIBRO non podía faltar un Contacontos en Familia; esta vez tivemos a visita da mamá de Carlota de Infantil.

Contounos un conto chulísimo!!

MOITAS GRAZAS LUCÍA!!!

Contacontos en familia from Mariola on Vimeo.

DÍA DO LIBRO

O 23 de abril celebramos o Día do Libro.

Para conmemorar este día levamos a cabo unha actividade de Apadriñamentos Lectores.

Aproveitando o bo tempo que nos acompaña estes días, quixemos disfrutar no patio do colexio, dunha tarde de contacontos.

Organizamos grupos formados por nenos e nenas de tódalas idades que ían rotando para escoitar os diferentes contos, que tiñan preparados os alumnos e alumnas de 6º de primaria. 

No seguinte vídeo podedes ver unha pequena mostra da actividade.

Día do Libro. Apadriñamentos lectores from Mariola on Vimeo.

VISITAMOS A ESCOLA INFANTIL A GALIÑA AZUL

Hoxe visitamos a Escola Infantil A Galiña Azul!!

Como xa mencionamos noutras ocasións, o noso centro participa no Programa Bibliotecas Solidarias, dentro da modalidade voluntariado de lectura.

Por este motivo acudimos a Escola Infantil A Galiña Azul co alumnado de 5º de primaria para lerlles un conto aos nenos do 1º ciclo de Educación Infantil.

Moitas grazas a todo o persoal da escola, que nos acolleron con moito agarimo.

Escola Infantil Galiña Azul from Mariola on Vimeo.

CONTACONTOS EN FAMILIA

Esta semana os nenos e nenas de Infantil disfrutamos dunha sesión de Contacontos en Familia.

Visitounos a mamá de Aitor de 3 anos e contounos dous contos chulísimos: OS TRES PORQUIÑOS E A TARTARUGA QUE QUERÍA DURMIR

Pasámolo xenial!!!!

MOITAS GRAZAS MAYDA!!

Contacontos en familia from Maria on Vimeo.

VISITA ÁS RESIDENCIAS DE MAIORES

Este curso volvemos a participar no Programa Bibliotecas Solidarias, dentro da modalidade lecturas compartidas dentro e fóra do centro.

Por este motivo, visitamos ás residencias de maiores do concello de A Fonsagrada.

Os alumnos e alumnas de 6º representáronlles aos maiores, un conto que leva por título: A cousa que máis doe do mundo; un conto onde se resalta o valor da sinceridade. 

Resultou moi gratificante esta actividade e queremos agradecer a colaboración, un ano máis, das seguintes residencias:

  • Residencial Santa María
  • Residencia As Rodas
  • Vivenda Comunitaria Remanso de Paz 
  • Residencia de Maiores Pobra de Burón

MOITAS GRAZAS!!!

Visita ás residencias de maiores from Maria on Vimeo.

SEMANA DA PRENSA: VISITAMOS A RADIO GALEGA

O xoves 8 de marzo, coincidindo coa Semana da Prensa fomos a Santiago a visitar a Radio Galega; gustounos moito a experiencia, xa que puidemos coñecer como é a radio "por dentro", ensináronnos os estudios, a redacción, puidemos falar con algún locutor, cos técnicos de son etc... 

E aproveitando esta viaxe, tamén visitamos o Aerodromo Militar; alí coñecemos da man dos bombeiros, como é o camión que empregan para sofocar os incendios e ata nos deixaron montar en dúas avionetas.

Para rematar a nosa viaxe, acercámonos ao Casco Histórico para ver de cerca a Catedral e dar un pequeno paseo.

Pasámolo xenial!!!

No seguinte vídeo podedes ver un pequeno resumo da actividade: 

Santiago 2018 from Mariola on Vimeo.

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O día 24 de febreiro celebrouse o Día de Rosalía de Castro.

No noso centro, traballamos entre todos o poema "Has de cantar".

Ademais os alumnos e alumnas de 3º e 4º fixéronnos un pequeno resumo da vida de Rosalía.

No seguinte vídeo, podedes ver a actividade realizada. 

Esperamos que vos guste!!

Rosalía2018 from Mariola on Vimeo.

ENTROIDO 2018

O venres, 16 de febreiro, celebramos o Entroido no noso colexio.

Como xa sabedes, tivemos que modificar as datas da celebración, polas condicións meteorolóxicas adversas que tivemos a semana anterior, que era cando tiñamos previsto celebralo.

Este ano a temática era películas de Disney.

Os nenos e nenas de Infantil representaban o conto de Brancaneves e os sete ananiños.

Os alumnos e alumnas de 1º de Primaria, 101 Dalmatas.

Os alumnos e alumnas de 2º, elexiron o conto de Alicia no país das maravillas.

O grupo de 3º e 4º de Primaria, disfrazáronse de Peter Pan.

E os alumnos de 5º e 6º elexiron " Los descendientes".

No seguinte vídeo, podedes ver un pequeno resumo das fotos que fixemos no noso photocall. 

Entroido 2018 from Maria on Vimeo.

Distribuir contido