Skip to Content

Animación á lectura

DÍA DA ESCRITORA

Para celebrar o día da escritora fixemos unha recompilación dos libros da biblioteca escritos por mulleres e montamos unha exposición por niveis.

DÍA DO LIBRO

Con motivo da conmemoración do Día do Libro, o 23 de abril visitarán o Colexio a escritora María Canosa e o ilustrador Dani Padrón.

Ambos traballaron no libro "Acuario", publicado por Embora.  Este poemario tivo moito éxito entre o alumnado do Centro.

DIA DO LIBRO

Con motivo da conmemoración do Día do Libro, pode verse na entrada do Centro unha exposición de libros creados polo alumnado e profesorado do Colexio.. Son o resultado do presente curso e de moitos outros anteriores.

Na galería desta páxina poden verse fotografías de dita exposición.

VISITA DE AN ALFAYA

22/03/2013 08:30
22/03/2013 09:30
Etc/GMT+2

O día 22 de marzo visita o Centro a escritora An Alfaya. O alumnado dos 2º e 3º ciclos están traballando sendas obras da autora.

É unha actividade programada polo equipo da biblioteca.

DÍA DA BIBLIOTECA

24/10/2012 17:00
Africa/Addis Ababa

CONCURSO DE NARRACIÓN :"Un mundo sen libros"

VISITA DE ABRAHAM CARREIRO

20/03/2012 22:00
Etc/GMT+2

Coñeciamos ao pai e agora tocábonos coñecer ao fillo. Fai uns anos estivo con nós Pepe Carreiro, o autor que tantas historias nos fixo vivir cos Bolechas. Deixounos unha impresión magnífica, un recordo marabilloso. 

O mércores, 21, visitou o noso Cole Abraham Carreiro. Con "Latcho Drom" e con "Xoeliki" pasamos moi bos momentos, pero con el aprendimos que a constancia e o esforzo son piares básicos do éxito. Magnífico, Abraham!

 

"LIBROS DO MUNDO"

 

O 24 de outubro celebrouse o Día Internacional da Biblioteca. Por este motivo o Equipo da Biblioteca do noso centro organizou a exposición "Libros do Mundo".

Na exposición o alumnado ten a oportunidade de ver libros de diferentes países; como China, Xapón, Hungría, Túnez, Libia, Siria, Alemania, Austria, Italia, Francia, Sudáfrica ...

Distribuir contido


  

by Dr. Radut