Eventos
O coñecemento da propia boca, o nome dos dentes, o seu número, as moas, cando nacen, cando soe empezar a visita do ratiño Pérez....O super, super-importante que é cepillar os dentes tres veces ao día, cómo cepillarnos, o uso do fluor...O perigo de comer moitas chucherías....Ata cando usar o chupete, pasar do biberón aos alimentos masticados... Cando debemos facer a primeira visita ao dentista...
Ata o 10 de abril atópase aberto o prazo para solicitar praza no Centro. Toda a documentación relativa ao proceso de admisión de alumnos en Centros Públicos está exposta no taboleiro de NOVAS, que se atopa á dereita da biblioteca. O impreso de solicitude pode pedirse na Secretaría ou na Conserxería do Colexio.