Actividades
XOGOS ARTE
Enviado por Anónimo o Lun, 03/25/2019 - 12:01ATRÉVESTE A PARTICIPAR NESTE XOGO SOBRE ARTE?
PINCHA AQUÍ E PON A PROBA TODO O APRENDIDO!
https://view.genial.ly/5c94d6a268711f76b99fa84f
DÍA DE ROSALÍA 2019
Enviado por Anónimo o Mar, 02/26/2019 - 18:36O día 24 de febreiro celebrouse o 182º aniversario de Rosalía de Castro.
No noso centro celebrámolo o venres 22 onde tivemos un día fermoso con moitas actividades. Por unha banda, durante a semana decoramos os corredores con unha Rosalía ao máis estilo Andy Warhol seguindo a liña do PDI da Biblioteca "Lili-arte" e co proxecto "EscolARTE". O alumnado de 6º e 4º de Educación Primaria pintaron a porta da entrada.... pásade a vela porque vale a pena!
Por outra banda, seguimos como cada ano o manifesto proposto por EDLG que este ano leva por lema "Cantar hei" e o hastag #LibreOMeuPensamento. O alumnado de todo o centro elaborou as súas coroas en relación ao mesmo e deseñaron unha pancarta relacionada con liberARTE. Ata nos acompañaron os nenos e nenas de ASPANAES.
Preme na imaxe para acceder á nosa galería de fotos
DÍA DA PAZ 2019
Enviado por Anónimo o Xov, 01/31/2019 - 23:00Este ano, as distintas actividades programadas estiveron relacionadas co PDI da Biblioteca “Lili-arte” e xiraron en torno á figura do pintor Pablo Picasso. O lema elixido para este ano foi “Se no teu mundo non hai paz, píntaa!”. Con esta conmemoración quixemos fomentar nos nosos alumnos e alumnas valores como a solidariedade, a igualdade e a tolerancia. Preme na imaxe para ver as fotos desta conmemoración.
CELEBRACIÓNS E CONMEMORACIÓNS 1º TRIMESTRE 2018/2019
Enviado por Anónimo o Xov, 01/03/2019 - 20:02DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Enviado por Anónimo o Mar, 11/18/2025 - 23:00O 24 de outubro celebramos o "Día das Bibliotecas Escolares". Como todos os anos puxemos a camiñar as mochilas viaxeiras dos diferentes curso, este ano con novidades como os e-book para Primaria e as tablets en Educación Infantil. Ademais aproveitouse para agasallar cos carnets de biblioteca ao novo alumnado e profesorado amenizando a xornada con diferentes actividades lúdicas.
Carreira A Fraga
Enviado por Anónimo o Ven, 01/24/2020 - 17:35O 5 de Decembro o alumnado de 2º a 6º de Educación Primaria participou cos centros da contorna na Carreira da Fraga da man do programa Xogade. Foi unha xornada deportiva e lúdica, na que todos demostraron as súas habilidades e gozaron ao aire libre. As AMPAS colaboraron con nós cunha peza de froita fresca e auga. GRAZAS A TODOS/AS!
Enlaces para traballar a homenaxeada Mª Victoria Moreno
Enviado por Anónimo o Mar, 05/08/2018 - 07:48UNHA ENTREVISTA DE PRIMEIRA
Enviado por Anónimo o Mar, 04/17/2018 - 12:05Evaristo Puentes Leira e Ignacio Iglesias ( arbitros de primira división) visitaron o noso centro. O alumnado de 5º e 6º acudiron á biblioteca onde ademais de amosarnos unha presentación moi interesante tamén responderon moi amablemente as nosas preguntas. Aquí vos deixamos unha mostra do ben que o pasamos e o moito que aprendemos.
DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA
Enviado por Olalla o Mér, 03/14/2018 - 16:47
O 21 de febreiro foi o Día Internacional da Lingua Materna. No centro celebrámolo o día 23 cantando e bailando todos xuntos a canción "Meu o mundo é!" de Paco Nogueira. Aquí vos deixamos unha mostra do moito que disfrutamos.
DÍA DE ROSALÍA
Enviado por Anónimo o Xov, 03/02/2017 - 17:51A AELG presentounos a súa proposta para conmemorar o Día de Rosalía. Todos os alumnos do centro participaron nun "photocall" coa caracterización de Rosalía, contribuíndo así á difusión da obra desta galega universal.