INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS/TITORES DO ALUMNADO DE 6º CURSO DE ED. PRIMARIA
Segundo consta na ORDE do 25 de xaneiro de 2017 (DOG nº22, 1 de febreiro de 2017) pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos, informámoslles do seguinte:
·
Desde o 1 de febreiro ata o 15 do mesmo mes, está aberto o prazo de Reserva de praza para o alumnado de 6º curso que desexe continuar os seus estudos no Centro ao que estamos adscritos, IES Moncho Valcarce (A circunstancia de estar este centro adscrito ao citado IES supón que o noso alumnado terá prioridade para a admisión).
· Dito alumnado terá que presentar no noso Centro a solicitude debidamente cumprimentada. (Anexo I da Orde 25 de xaneiro de 2017). A solicitude tamén se pode cubrir na aplicación.
· A reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación da solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión. A presentación da solicitude noutro centro dará lugar á pérdida de prioridade.
· Se prefiren que os seus fillos/fillas continúen estudos nun IES distinto ao que está adscrito o noso Centro, non deberán entregar esta reserva e agardarán ao periodo ordinario (1 ao 20 de marzo) para entregar a súa solicitude (Anexo II da orde do 25 de xaneiro de 2017).
· O alumnado deberá formalizar a matrícula no IES a finais de xuño.