DE PONTE EN PONTE POLAS PONTES

O 18 de marzo, os rapaces de 3º e 6º do colexio fixemos a ruta De ponte en ponte polas Pontes acompañados polas titoras e a coordinadora de La Voz de Galicia.

No percorrido que partiu do colexio fomos pasando polas pontes máis significativas da nosa vila: unha ponte romana, unha ponte do medievo, unha ponte do século XVIII e unha ponte actual.

Neste percorrido fomos explicando os acontecementos históricos do pobo e visitando os edificios máis emblemáticos, facendo unha parada na igrexa, onde ata tocaron as campás, e rematando na capela do Carme.

Para ver as fotos, pulsa aquí.