INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA AS FAMILIAS. CURSO 2021-2022
Estimadas familias.
Co fin de garantir un entorno seguro para toda a Comunidade Educativa, imos adiantar unha serie de normas de obrigado cumprimento.
CANDO COMEZA O COLE?
Día 10 de setembro de 2021, para todos os cursos.
HORARIOS DE ENTRADAS E NORMAS:
INFANTIL: O alumnado de infantil pode acceder ao centro acompañado dun adulto.
A entrada realizarase de xeito escalonado ás 8.35 infantil 5 anos,ás 8.40 infantil 4 anos e ás 8.45 infantil 3 anos, pola porta principal e neno/a e adulto agardarán nos espazos delimitados no patio cuberto para tal fin.
PRIMARIA: Todo o alumnado de primaria accederá ao centro polo portalón grande.
Abriranse as portas de 8.30h a 8.45h. Non poden entrar acompañados nin quedar no patio.
1º e 2º de primaria accederán ao interior pola porta lateral e irán directos a súa aula.
3º,4º,5º e 6º de primaria accederán ao interior do edificio pola rampla da porta principal( logo de atravesar o patio) e irán directos a súa aula.
ALUMNADO TRANSPORTADO: Accederán ao centro pola porta principal seguindo o camiño amarelo e irán directos a súa aula, agás infantil que agardará na biblioteca coa mestra de garda.
HORARIOS DE SAÍDA E NORMAS:
INFANTIL:Sairán pola porta principal. Saída escalonada: Ás 13.30-3 anos. Ás 13.35-4 anos. Ás 13.40- 5 anos.
Só pode entrar a recoller un adulto por neno/a, que agardará no espazo delimitado no patio cuberto ata que a titora entregue ao neno/a,momento no que deben abandoar o centro.
No caso de ter que recoller a máis de un alumno/a só se pode esperar dentro se pertenze á quenda inmediatamente posterior, no caso contrario haberá que salir e volver a entrar cando corresponda.
PRIMARIA: Sairán polo portalón lateral. NON ESTÁ PERMITIDA A ENTRADA DE PAIS/NAIS AO CENTRO POLO QUE ROGAMOS MÁXIMA PUNTUALIDADE.
Saída escalonada: 1º e 2º-13.35. 3º e 4º-13.40. 5º e 6º- 13.45.
ALUMNADO TRANSPORTADO: Sairán co mesmo horario que o resto de primaria pola porta principal seguindo o camiño amarelo, agás infantil que agardará coa mestra de garda na biblioteca ata ás 13.45 que realizará a saída.
USO DE MÁSCARA:
A máscara é obrigatoria para todos os membros da Comunidade Educativa a partir do momento no que cumplan os SEIS anos.
Todo o alumnado traerá un estoxo cunha máscara de reposto. Neste caso tamén teñen a obriga os alumnos/as de infantil usuarios de transporte, xa que sin ela non poderán acceder ao autobús.
COMO ME COMUNICO CO CENTRO?
Podedes comunicarvos vía telefónica 881866854 ou vía email ceip.santairene@edu.xunta.gal.
Se precisades ser atendidos presencialmente tedes que solicitar unha cita previa.
OUTRAS MEDIDAS IMPORTANTES:
*A Consellería de Educación establece no seu protocolo a obriga de realizar unha autoenquisa diaria antes de sair da casa.
*Se os vosos fillos/as presentan algún dos seguintes síntomas, NON PODERÁN ACUDIR AO COLEXIO: Febre de máis de 37.5 graos, tose seca, dificultade respiratoria,fatiga severa, dor muscular,falta de olfacto,falta de gusto ou diarrea.
*Tódalas familias deberán asinar unha declaración xurada na que se comprometen a isto.
* Non se permite ás familias a entrada no centro agás nos casos de forza maior ou debidamente xustificados.
* Se tedes calquera dúbida, estamos á vosa disposición para aclarala( lembrade: vía telefónica, email ou cita previa)
MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN. UN SAÚDO E MOITA SAÚDE.
A DIRECCIÓN.