R/ Santa Irene SN CP 15970 Porto do Son Tf. 881 866 854 E-mail ceip.santairene@edu.xunta.es Código centro 15013977

ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2020-2021

Aberto o procedemento de admisión de alumnado para o curso 2020-2021, do 11 ao 18 de maio, inclusives.

Horario de atención ao público de 10:00 a 13:00

INFORMACIÓN IMPORTANTE EN RELACIÓN COA SITUACIÓN CREADA POLO COVID-19

        Debido á situación de excepcionalidade xenerada pola pandemia do coronavirus (COVID-19), mentras dure esta empregaranse como canles de comunicación entre as familias e o profesorado as seguintes:

-Correo electrónico, facilitado polo profesorado ao comezo desta situación.

-Espazo Abalar.

        Para calquera dúbida e/ou consulta, pode recurrirse ao teléfono do centro 881866854, en horario de 10:00 a 13:00, ou ao correo electrónico do centro ceip.santairene@edu.xunta.es.

 

Un artigo para a reflexión

Ligazón a un artigo escrito por Toni García Arias, galardoado como Mellor Docente de Primaria en 2018, mestre e director do C.E.I.P. Joaquín Carrión Valverde, en San Javier.

https://iddocente.com/requiem-por-los-maestros/

ENQUISA DE AUTOAVALIACIÓN CLÍNICA DA COVID-19

ENQUISA DE AUTOAVALIACIÓN CLÍNICA DA COVID-19

Estimadas familias:

Lembramos que, segundo o disposto nas INSTRUCIÓNS POLAS QUE SE INCORPORAN A DECLARACIÓN DE ACTUACIÓNS COORDINADAS EN MATERIA DE SAÚDE PÚBLICA APROBADAS POLO CONSEJO INTERTERRITORIAL DO SISTEMA NACIONAL DE SALUD PÚBLICA (D.O.G Nº174 BIS DO 28-08-2020) E A ACTUALIZACIÓN DAS RECOMENDACIÓNS SANITARIAS DO COMITÉ CLÍNICO AO PROTOCOLO DO 22 DE XULLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID 19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2020-2021 VERSION 31-08-2020, cada mañá, antes da chegada ao centro, todo o alumnado debe realizar unha autoavaliación dos síntomas  segundo a ENQUISA DE AUTOAVALIACIÓN que se adxunta, e que no caso da aparición de polo menos un dos síntomas que aparece na enquisa os proxenitores ou titores non enviarán ao alumno/a á clase e solicitarán consulta co seu médico ou pediatra.

 

 

VÍDEO-CONTO DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 17 DE MAIO 2020

 

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS !!

 

O alumnado de 6º de primaria

quere compartir con todos nós

no Día das Letras Galegas,

este fermoso vídeo-conto

"O Coelliño Branco".

 

 

 

 

Distribuir contido