R/ Santa Irene SN CP 15970 Porto do Son Tf. 881 866 854 E-mail ceip.santairene@edu.xunta.es Código centro 15013977

orla 6º curso 2022-2023

ORLA 6º CURSO

2022-2023

 Premendo en ADXUNTO, poderás descargar a foto da orla.

Listaxe de admitidos

No taboleiro de anuncios do colexio está exposta a listaxe de alumnos admitidos para o vindeiro curso. Tódalas solicitudes presentadas obtiveron praza.

Deberán formalizar a matrícula do 20 ó 30 de xuño entregando a seguinte documentación:

Impreso de matrícula.

Fotografía tamaño carné.

Certificado médico e fotocopia da tarxeta sanitaria.

Solicitude de transporte escolar.

Folla de autorización de utilización da imaxe.

Impreso sobre a lingua materna.

CHARLAS ALIMENTACIÓN SAUDABLE

CHARLAS/TALLERES ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Estimadas familias:

Compartimos convosco os contidos das charlas/talleres realizadas co alumnado sobre alimentación saudable durante o primeiro e segundo trimestres, por se queredes consultalos e continuar co traballo desde as casas.

https://drive.google.com/file/d/1XoSGIoNX0UofwG6MrPziEMv8QSb_nBqq/view?usp=share_link

 

 

 

Procedemento de Admisión

Dende hoxe e ata o 20 de marzo está aberto o prazo para presentar solicitudes de admisión para novos alumnos.

Calendario do proceso de admisión.

 

  • Do 1 ó 20 de marzo (ambos incluídos)
    • Presentación de solicitudes de admisión. A solicitude será única e presentarase no centro escollido en primeiro lugar. Esta solicitude poderá cumprimentarse:

 

  • Do 24 de marzo ó 6 de abril :
    • Recollida de documentación acreditativa dos criterios do baremo (no caso de ter máis solicitudes que prazas).

 

  • O 25 de abril:
    • Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos.
    • Pódese presentar reclamación contra ditas listaxes nos seguintes 5 días hábiles contados desde o día seguinte á súa publicación.

 

  • O 15 de maio:
    • Publicación das listaxes definitivas de admitidos e non admitidos.

 

  • Do 20 ó 30 de xuño:
    • Formalización da matrícula do alumnado admitido en E.Infantil e Primaria.

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS.NOVA MATRÍCULA

QUERES COÑECERNOS?

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

LUNS 27 DE FEBREIRO E 6 DE MARZO DE 16.00 A 18.00.

LUNS 27 DE FEBREIRO E MÉRCORES 1 DE MARZO DE 12.00 A 13.00

ANÍMATE A VISITARNOS!!

CAMPAÑA SOLIDARIA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS 2022

CAMPAÑA SOLIDARIA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS 2022

 

Estimadas familias.

No día de hoxe fixemos entrega á Asociación LOA dos alimentos recollidos nesta campaña, coa axuda do Concello que se encargou de transportalos.

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!

 

 

INFORMACIÓNS COMEZO DE CURSO 2022-2023

Estimadas familias:

O xoves, día 8 de setembro, comeza o curso 2022-2023.

Este ano, o curso comeza con total normalidade e retomamos o horario do centro.

Entrada ás 8:45, saída ás 13:45, pola porta principal.

Abriranse as portas dez minutos antes para que o alumnado se sitúe nas filas correspondentes, marcadas con número por curso (Educación Infantil na rampla de entrada). O alumnado transportado entrará directamente ao centro. Para o alumnado restante, serán responsables do mesmo ata o momento da entrada no centro os adultos que os acompañen.

Bo inicio de curso.

Un saúdo.

A DIRECCIÓN

LISTADO LIBROS DE TEXTO CURSO 2022-2023

LISTADO DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2022-2023

PLAN DIXITAL

No ficheiro adxunto  pode consultarse o PLAN DIXITAL DO CENTRO, aprobado polo Consello Escolar, unha vez oído o claustro de mestres, o 30 de xuño de 2022.

día da paz

DÍA DA PAZ

Preme na imaxe para ver o vídeo

Distribuir contido