Skip to Content

Talleres para familias

FOTO TALLERES FAMILIAS

Do 20 de xaneiro ao 12 de maio de 2024/ Horario: De 11:00 a 13:00 h/ Dirixe Sara Donoso/ De balde con inscrición previa

A natureza das cousas. Jitish Kallat

Sábado, 16 de marzo. Familias con nenos e nenas de 4 a 6 anos

Domingo, 17 de marzo. Familias con nenos e nenas de 7 a 9 anos

Prazo de inscrición: do 4 ao 14 de marzo

As obras de Jitish Kallat son como unha viaxe visual a través do tempo e do espazo. O universo, a ciencia, a natureza, os ciclos da vida e a lúa son algúns dos seus temas predilectos. Para coñecer máis de preto o seu traballo fixarémonos nalgúns elementos da paisaxe e escoitaremos como soa a natureza e como a imaxinamos. Tamén xogaremos coa luz e coas sombras a partir de diferentes experimentos.

Viaxes imaxinadas. Reena Saini Kallat

Sábado, 20 de abril. Familias con nenos e nenas de 4 a 6 anos

Domingo, 21 de abril. Familias con nenos e nenas de 7 a 9 anos

Prazo de inscrición: do 8 ao 18 de abril

 

Reena Saini Kallat busca crear un mundo máis xusto a través da arte denunciando as diferenzas de dereitos e liberdades que existen entre os diversos países. Para iso, utiliza mapas creados con fíos e cables que simulan barreiras ou fronteiras, pero que pola súa vez queren crear lugares máis fluídos, conectados e universais. Para a artista, a natureza é un exemplo de comunicación e utilízaa para fusionar animais e plantas procedentes de diferentes países nun novo lugar común. Como viaxar e conseguir a unión entre diferentes territorios? Axúdasnos a crear novos mundos con las, teas, luces e elementos naturais?

Espazos en transformación. Sheela Gowda

Sábado, 11 de maio. Familias con nenos e nenas de 4 a 6 anos

Domingo, 12 de maio. Familias con nenos e nenas de 7 a 9 anos

Prazo de inscrición: do 29 de abril ao 7 de maio

 

A través das súas instalacións, Sheela Gowda ofrece unha perspectiva única da súa contorna e fálanos do valor que poden ter as pequenas cousas. Utiliza madeira, fío e materiais pouco comúns como o cabelo e o incenso para espertar os nosos sentidos a partir de composicións moitas veces abstractas e coloridas. Inspirándonos nas súas grandes instalacións, utilizaremos materiais reciclados cos que transformar o espazo do taller. Probaremos a pintar con fío e exploraremos a arte cos cinco sentidos.

Inscrición:

 

Os talleres son de balde e para participar é necesario enviar, dentro dos prazos establecidos, unha mensaxe por correo electrónico a cgac.educacion@xunta.gal. A mensaxe deberá incluír o título da actividade na que desexan inscribirse, os nomes das persoas participantes, as súas idades, un teléfono e un correo electrónico de contacto. Só se admitirán as solicitudes daquelas persoas que teñan a idade sinalada para cada un dos talleres. As prazas cubriranse por orde de inscrición. Cada solicitante recibirá unha mensaxe electrónica de confirmación.



book | by Dr. Radut