Fondo solidario de libros- Axuda para adquirir libros de texto e material escolar para o alumnado de Educación Primaria.
Orde do 12 de maio de 2020, pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e Educación Especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21.
Prazo de solicitude: dende o 20 de maio ata o 19 de xuño, ambos inclusive.
Presentación da solicitude:
· Vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros)
· A través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/
· Presencialmente nos centros docentes
· En calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluido o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365)
Hai un ERRO na Orde de convocatoria que aparece na páxina 20658. O recadro da base impoñible xeral da declaración do IRPF de exercicio fiscal 2018, non é 432 , se non que o correcto é 435.