Skip to Content

Transporte escolar

O transporte escolar réxese polas disposicións oficiais publicadas no DOG.
Actualmente cubren este servizo as seguintes liñas de autobuses:

Chegada ao centro:

Liña

Empresa

Percorrido

 

Liña 1

Monbús

Liña 2

Monbús

Liña 3

Cerqueiro

 

Saída do centro:

Hora

Empresa

Percorrido

14:30

Saída clases

Monbús Liña 2, Liña 1 e Liña 3, conxuntamente e nesa orde.

15:30

Saída comedor

Monbús Liña 2 e Liña 1, conxuntamente e por esa orde.
Cerqueiro Liña 3

17:00

Saída actividades

Monbús Liña 2, Liña 1 e Liña 3, conxuntamente e nesa orde.

 

Acompañante no transporte escolar

Aínda que foi introducida durante o curso escolar 2006/07, a figura do acompañante
aparece regulada polo Decreto 443/2001 (BOE nº 105, do 2 de maio 2001). Concretamente, no seu artigo 1, apartado a) especifica que será de aplicación aos transportes públicos regulares de uso especial de escolares por estrada, cando polo menos a terceira parte, ou máis, do alumnado transportado teña unha idade inferior a 16 anos no momento en que comezou o correspondente curso escolar.

Na cláusula segunda do protocolo do 11 de setembro de 2001 asinado polos conselleiros de Economía e Facenda, de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e de Educación e Ordenación Universitaria establécese que a prestación do servizo de acompañante será asumida pola empresa contratista do correspondente transporte escolar.

Son funcións do/a acompañante as seguintes:

  • Coidar da seguridade dos menores durante o transporte e procurar que non se produzan altercados durante as viaxes.
  • Encargarse da recollida e acompañamento do alumnado durante o seu transporte, así como das operacións de acceso e abandono do vehículo.
  • Comunicar á Consellería de Educ. e Orden. Univ. calquera incidencia que atinxa ao alumnado durante o transporte ou nos momentos de acceso e abandono do vehículo.
  • Coñecer o funcionamento dos mecanismos de seguridade do vehículo.
  • Coordinar as operacións de evacuación do vehículo e atención aos feridos, no seu caso, cando se produzan avarías ou accidentes de circulación.
  • Aceptar o control e inspección da Consellería de Educ. e Orden. Univers. sobre o servizo de acompañante levado a cabo nos seus autocares.

Medidas de seguridade para o alumnado:

Na parada

  • Chega á parada con tempo suficiente.
  • Se tes que cruzar a rúa faino sempre por diante do autobús e mira antes de cruzar: primeiro á esquerda, despois á dereita e novamente á esquerda (os coches veñen sempre pola esquerda).
  • Ao cruzar, asegúrate de que o condutor pode verte e que ti podes ver ao condutor.
  • Obedece sempre as súas indicacións.
  • Non xogues a xogos nos que teñas que correr ou esconderte: podes tropezar ou saír á calzada sen querer.

Ao subir ao autobús:

  • Cando se achegue o autobús mantente alonxado e deixa que se aproxime para que non teñas que baixar da beirarrúa.
  • Espera a que o autobús se pare, a que se abra a porta e a que a persoa acompañante te indique que entres.
  • Se che cae algo preto do autobús dillo ao condutor ou acompañante.
  • Ten unha boa conduta no autobús: non grites, respecta aos compañeiros/as e permanece entado/a.
  • Coida os asentos e o resto do material do autobús.

Ao baixar do autobús:

  • Espera a que o autobús estea completamente parado.
  • Baixa con precaución, sen présas e sen empurrar.
  • Usa a varanda das escaleiras.
  • Asegúrate que non levas nada que poida engancharse na varanda ou na porta.
  • Se tes que cruzar faino por diante do autobús.
  • Cando chegues ao colexio, entra no recinto escolar e non saias sen permiso.


page | by Dr. Radut