Skip to Content

AVISO FOLGA NO TRANSPORTE ESCOLAR

Adxuntamos o correo recibido a última hora de onte no correo do cole por parte da Consellería en relación á folga do transporte:

"Estimado Director/a:

 

Como vostede sabe, mañá está convocada polo unha folga xeral de carácter indefinido para os martes e mércores de cada semana no sector do transporte de viaxeiros por estrada.

Esta folga ten incidencia no sector educativo os días 20 e 21 da semana en curso.

Tradicionalmente os servizos mínimos fixados abarcaban o 100% do transporte escolar ao longo dunha banda horaria ampla que comprendía a totalidade de entradas e saídas existentes.

Porén, os últimos pronunciamentos xudiciais contradixen o criterio mantido ata de agora, determinando para a folga de mañá e pasado mañá unha previsión diferente.

Neste sentido, os servizos mínimos que foron aprobados a última hora do pasado venres e hoxe foron publicados no diario oficial de Galicia quedan así:

 

“ b) Servizos regulares de uso especial para transporte de escolares:

Manteranse como esenciais os servizos de entrada aos centros desde ás 7.30 ata as 10.30 horas e os de saída desde das 13.30 ás 19.00 horas nos itinerarios de transporte escolar de estudantes de niveis de ensino obrigatorio, cuxa lonxitude total sexa superior a 4 km.

Para os servizos de transporte a alumnado de centros de educación especial considéranse esenciais todos os itinerarios existentes nos horarios habituais.”

 

Para acadar a máxima difusión posible, na páxina web da nosa Consellería explícase o antedito, expoñéndose, a maiores, a relación de servizos afectados pola folga convocada, nos que haberá servizos mínimos de transporte escolar.

 

A tal efecto, solicítase a súa axuda para facer chegar, polos medios que estime pertinentes, a información sinalada ás familias dos escolares que poidan resultar afectados, a fin de ocasionarlles as menores molestias posibles."

 



book | by Dr. Radut