Skip to Content

Que ben, que chega o entroido!

Que ben o imos pasar o día 20, todos iremos disfrazados. No recreo tomaremos orellas e chocolate e despois desfilaremos disfrazados e cantaremos as coplas de entroido.

Este ano haberá un xurado que vai entregar premios aos gañadores nestas categorías:

A PatarronaComparsa máis divertida

Disfrace máis orixinal

Copla máis enxeñosa

Mellor disfrace de reciclaxe.

E teremos a visita da Patarrona, que nos vai vestir ata completar o disfrace.

 

 

Pero sabedes quen é a Patarrona?

Pois a Patarrona é un personaxe típico do entroido e vén sendo unha boneca, unha bruxa ou un estraño ser (segundo os casos) que ten cinco patas e á que lle gusta moito mandar.

Nos 5 días previos (un por cada pata) á celebración do día do entroido a Patarrona é a xefa e dá ordes que se deben cumprir. O máis normal é que mande que cada día da semana nos disfracemos ou nos vistamos con determinadas prendas.

A Patarrona disfrazada de mariñeiroA "visita" deste personaxe aos centros educativos é moi común. Créase unha boneca e cada día da semana vaise disfrazando coas prendas que todos deben portar. Tamén é frecuente que se faga un debuxo da Patarrona colgando de cada unha das súas patas as ordes para cada día.

Neste ano, a Patarrona iranos vestindo ata completar o disfrace de mariñeiro de Santa Marta de Fóra:

Luns: un gorro de mariñeiro (de lá, polar,...)

Martes: camiseta ou xersei a raias

Mércores: pantalón de faena

Xoves: utensilio de pesca (rede,...)



page | by Dr. Radut