Skip to Content

CANDIDATURAS PARA A ELECCIÓN DE REPRESENTANTES DE NAIS E PAIS NO CONSELLO ESCOLAR

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

 

SECTOR DE NAIS E PAIS

 

Segundo comunicamos no seu momento, recordamos que o martes, 19 de novembro, de 9:25 a 10:25 e de 17:00 a 19:00 horas, as nais, pais e titores/as legais do alumnado podedes votar para determinar a renovación do voso sector no Consello Escolar do Centro.

Os candidatos/as presentados/as e proclamados pola Xunta Electoral son os/as seguintes:

 

Don Jesús Acuña Martínez

Dona Noemí Blanco Fernández

Dona María Enríquez Naharro

Dona Belén Pazos Peón

Dona Diana Pena Martínez

Don Xacobo Pérez Fernández

Dona Patricia Romero Penido

 

 

Para exercer o voso dereito tendes que marcar dous/dúas candidatos/as, que aparecerán nas papeletas de votación. Recordade que para votar tendes que acreditar a vosa identidade con D.N.I. ou outro documento acreditativo.

 

A MESA ELECTORAL ESTARÁ SITUADA NO EDIFICIO ADMINISTRATIVO

 

Festa do Magosto

Menú de comedor escolar: novembro

EDIXGAL: PROXECTO DE EDUCACIÓN DIXITAL

O vindeiro mércores 30/10/2024 ás 16:00 horas, na biblioteca, haberá unha formación para familias sobre o proxecto E-Dixgal, proxecto no que o noso centro vén participando desde os seus inicios. Aínda que o proxecto está destinado ao alumnado de 3º ciclo, esta formación está dirixida a todas as persoas que desexen coñecer o programa, independientemente do nivel que curse o voso/a fillo/a neste momento.

 

Anímádevos a participar.

Para máis información sobre o proxecto Edixgal, clica na imaxe:

 

 

Guia para o pago telemático da taxa de comedor

Consulta aquí a guia para realizar o pago das taxas de comedor escolar.

Menú de comedor escolar: outubro

AVISO IMPORTANTE COMEDOR ESCOLAR

 

Estimadas familias. Ante a publicación das corrección de erros das Instrucións 1/2024 de comedores escolares cabe aclarar que: “As parellas de feito (…) formarán unha unidade familiar. O mesmo criterio é aplicable nos casos de separación ou divorcio con garda e custodia compartida.”

 

Por este motivo, nos casos de parella de feito e nos de divorcio ou separación con garda e custodia compartida DEBEN FIGURAR AMBOS PROXENITORES na autodeclaración para abonar as taxas de comedor. Por este motivo, as persoas que se atopen nunha das anteriores circunstancias e só incluíran a un dos proxenitores na autodeclaración deben entregar unha nova coas correccións oportunas tendo como prazo para facelo ata o vindeiro venres 4 de outubro.

 

Máis información no documento adxunto.

 

AUTODECLARACIÓN

 

 

 

 

Escola de familias

O Concello de Cangas pon en marcha a escola de familias “Máis que un teito”: Traballo en torno ás relacións familiares e o desenvolvemento emocional da familia.

 

As familias interesadas poden inscribirse na charla informativa para coñecer o funcionamente da escola de familias a través do seguinte enlace:

 

https://forms.gle/tQzdpPUCV7DaFMGS7

 

O plazo para a inscripción remata o 3 de outubro.

 

Máis información no documento adxunto

BENVIDA AO NOVO CURSO ESCOLAR

Estimadas familias:

Queremos darvos a benvida ao novo curso escolar 24-25. Vémonos maña día mércores 11 de setembro a partir das 9:10 h. (entrada ás 9.25 h). Neste primeiro día, aqueles que o desexen, poderán acompañar aos seus fill@s ata o momento da entrada.

Os servizos de comedor e transporte escolar funcionarán desde o primeiro día no horario habitual.

Para calquera dúbida, contacten co centro.

En nome de todo o profesorado desexámoslles unha feliz volta ao cole.

 

PODEN CONSULTAR AQUÍ AS NORMAS DA COMUNIDADE EDUCATIVA E O DOCUMENTO INFORMATIVO PARA O CURSO 24-25.

Distribuir contido


by Dr. Radut