6º Curso

Inicio do procedemento de RESERVA de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2023/2024

 

(SÓ PARA OS ALUMNOS QUE ESTE ANO ESTÁN EN 6º PRIMARIA)

Este luns 16 de xaneiro e ata o 6 de febreiro, comeza o prazo para reservar praza no Instituto no que os alumnos que este ano están en 6º de primaria, cursarán a Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) 

A reserva de praza será para IES Faro das Lúas, centro ao que o noso colexio está adscrito, e para iso deberá:

- Cumprimentar manualmente e firmar a solicitude de reserva (modelo: Anexo I ED550A) e entregalo  a través dos propios alumnos no colexio antes do 6 de febreiro. (XA LLES MANDAMOS UNHA COPIA POLOS RAPACES)

Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberán contar con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital. Enlace:  https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ . Nese mesmo enlace poden atopar toda a información que precisen.

 

    Se queren ir a outro instituto diferente, non poderán reservar, e deberán agardar entre o 1 e o 20 de marzo, ao período de ADMISIÓN,  e entregar a solicitude de admisión (modelo: Anexo II ED550B) no centro onde desexen cursar estudos da ESO

O alumnado que ten reservada praza nun centro, se vai presentar solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

Relixión

SEMANA  5 /9 OUTUBRO

Ola nen@s, benvidos o novo curso 2020/21

 Como xa falamos na clase imos a seguir comunicándonos un pouquiño por ésta páxina polo que poida pasar ao longo do curso.

Imos a traballar tarefas moi sinxelas e intentaremos que divertidas , pois dado que temos pouco tempo na clase podemos aproveitar ésta plataforma para intentar pasalo ben o mesmo tempo que aprendemos .

Actividades de inglés

Esta semana só vos mando un conto:

https://www.youtube.com/watch?v=wTxV-gXID7M

Deixovos unhas fotocopias no colexio para que repasedes no verán.

Felices vacacións!

Actividades de inglés

Facer as fichas e practicar o vocabulario da páxina 14 e 18.

Tamén vos mando un conto ó que podedes acceder a través do enlace:

https://www.youtube.com/watch?v=ULYIMLD9LFU

Movéndonos sen parar 4

 

Bo día rapaces!!!!!

 

Xa non queda nada para rematar esta curso... e aquí vos deixo as últimas actividades... 

 

 

https://view.genial.ly/5eb5ddd67199c50d8c41690c/presentation-sanroqueef-...

 

Esta é a última semana para enviar o Baile do festival !!! Os que ainda non o enviástedes... Participade!!!

 

Lembrade tamén de enviar algunha foto ou video das actividades que facedes de cada sesión a sanroqueef@gmail.com

 

Relixión

SEMANA DO 1-5 XUÑO

Ola nen@s!! mándovos tarefas para facer o longo desta semana, lembrade que non tendes que imprimir senón queredes, podedes facer o traballo nun folio e despois enviades foto o meu correo, volvo a recordalo por si hai algún despistado: abalcastro@edu.xunta.es

https://www.youtube.com/watch?v=On5AS23Tcog e a continuación ficha adxunta

Actividades de inglés

Facer as fichas e repasar o vocabulario da páxina 42 e 46.

Tamén vos mando un conto ó que podedes acceder a través do enlace:

https://www.youtube.com/watch?v=nCkvQ10y_Zo

BAILE FIN DE CURSO

Veña Rapaces!!!!!!!

 

Non vos esquezades do Festival Virtual de Fin de Curso!!!

 

Vari@s compañeir@s xa mandaron os seus vídeos!!!!

 

Agardo os vosos vídeos, individuais, en parella, en familia, na casa, na horta, na praia,... con quen queirades e onde queirades!!!!

 

Un saúdo

Actividades de inglés

Facer as fichas e practicar o vocabulario da páxina 32 e 36.

Ademáis tamén vos mando un conto ó que podedes acceder a través do enlace:

https://www.youtube.com/watch?v=nEPYKmIt4dU

Powered by Drupal - Design by artinet