3 anos
BAILAMOS?
Ola nenas e nenos!
xa falta moi pouquiño para rematar este curso,
que vos parece si o facemos movendo o noso corpo? no seguinte enlance https://www.youtube.com/watch?v=z6DoPp-LkTA deixamos un baile moi divertido, queremos ver o ben que o facedes, asi que despois de practicar un pouco podedes mandar un anaquiño do voso baile a: sanroqueinfa@gmail.com
un saúdo e un bico moi grande das mestras de infantil
XOGOS FRESQUIÑOS...
Ola nenos e nenas!
Parece que chegan os días de sol e calor, no arquivo adxunto deixamos uns xogos con auga moi divertidos, esperamos que os disfrutedes moito,
un bico das mestras de infantil
Relixión
SEMANA DO 18-22 MAIO
3 ANOS :ola nen@s!: para cando esteades cansos de xogar mándovos algunha tarefa.
FACER FICHA ADXUNTA:
SI TES GOMET , HAI QUE POÑER UN VERMELLO NOS NENOS QUE NON COIDAN A NATUREZA E UN GOMET VERDE NOS QUE SÍ COIDAN A NATUREZA. SENÓN TENDES GOMETS PODES COLOREAR O CÍRCULO DE VERDE OU VERMELLO.
Relixión
SEMANA DO 11-15 DE MAIO
3 ANOS:
Ola nen@s imos repasar un chisquiño coa ficha que vos adxunto, seguro que vos acordades!!
Podedes colorear a ficha adxunta.
A MOVERSE...
Ola nenos e nenas!
No ficheiro adxunto deixamos novos xogos ,esperamos que vos gusten moito.
Relixión
Ola nen@s,vouvos deixar tarefas para esta semana, como o próximo domingo é o
día da nai púxenvos varias cousas para que fagades para as mamás, a ver si vos gustan:
-Escoitade esta canción https://www.youtube.com/watch?v=kD8KBITswVU
-facer ficha adxunta.
un abrazo.
EXPRÉSATE, DIVÍRTETE E CÓIDATE!
Ola familias!
As mestras de infantil querémosvos propoñer algunhas actividades para pasar estes días o mellor posible. Esperamos que vos gusten.
Dende o enlace poderedes descargar o documento.
Saúdos
OLA NENOS E NENAS!
As mestras do ciclo de Educación Infantil querémosvos enviar unha mensaxe....
ÁNIMO!!!!
Sabemos que estades sendo uns auténticos superheroes e superheroínas neste
confinamento , pero vos queremos mandar ánimos e apertas para todos/as e para as
vosas familias .
Xa levamos días , ou mellor dito un mes nesta situación pero parece que se empeza a
ver algo de luz, para a semana seguramente xa nos poderá dar o aire na cara.
Para que o tempo que queda sexa máis levadeiro deixámosvos algunhas ideas que
podedes facer na casa:
A primeira MAXIA!!!!!
QUEREDES FACER MENSAXES SECRETAS??
Precisades :
· Un folio branco
· Bastoncillos dos oídos
· Quitaesmalte
· Betadine
· Recipiente cunha pouca auga.
Listos/as????
1º Escribides nun folio a vosa mensaxe ou debuxo mollando o bastoncillo en acetona.
2º Deixámolo secar.
3º No recipiente con auga (mellor unha fonte onde caiba o folio) botamos un par de gotas de betadine e mesturamos.
4º DESCUBRIR A MENSAXE
Ao meter o folio na auga aparecerá como por arte de maxia a vosa mensaxe.
Un saúdo e un bico das vosas profes.
Relixión
Bo día nen@s!:
Supoño que xa estaredes cansos de tanto xogar cos vosos irmáns e vosos pais ,así que mentras non podemos voltar ao cole, vouvos mandar unha serie de tarefas e actividades que vos poden servir para entretervos o mesmo tempo que repasamos un pouco.
Vamos entón:
Déixovos esta canci´n para repasar os membros da familia : https://www.youtube.com/watch?v=odI6zy0xPPQ
Tamén vos deixo un debuxo para colorear só os membros que teñades na vosa familia
Un biquiño,coidádevos
ENQUISA 3 ANOS
ENLACE ENQUISA (fai click aquí)