Novas
*** Listaxe definitiva alumnado admitido curso 2024/2025
Infórmase de que foron admitidas todas as solicitudes presentadas durante o período de admisión para 4º Educación Infantil e para 1º de Educación Primaria.
As listas pódense consultar de forma:
- Presencial: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.
- Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre.
Comunicarase o prazo de apertura de formalización de matrícula e a documentación que deberá ser presentada cando se dispoña da información.
Solicitude de participación na enquisa Escola inclusiva
Queridas familias, o centro está elaborando un documento denominado Plan estratéxico de mellora, que permitirá avaliar e actuar en distintos aspectos do centro que permitan unha gradual mellora e seguir contando con programas tan importantes como o PROA+, ACOMPAÑA, ARCO e outros como recursos de apoio importantes para o alumnado, proporcionandon apoios constantes e personalizando a ensinanza a cada alumno e alumna, adaptándonos as dificultades e dando resposta aos cambios constantes que acontecen hoxe en día.
Por este motivo, un dos aspectos fundamentais é a avaliación da situación do centro, e para lograla é necesaria a realización dunha enquisa por parte dos sectores implicados; profesorado, familias, equipo directivo e PAS. polo que agradeceriamos da vosa participación cubrindo o seguinte cuestionario (É ANÓNIMO):
NOTA: Ten varias páxinas e resulta algo complicado, pero igualmente resulta moi valioso para o centro que o contestedes aínda que sexa parcialmente.
ADMISIÓN ALUMNADO VINDEIRO CURSO 2023/2024
Con respecto ás solicitudes de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2023/2024 está publicada a listaxe provisional (que con certeza coincidirá con listaxe definitiva) no taboleiro do centro (no recibidor xunto á conserxería).
Por motivos de protección de datos non podemos publicar aquí o nome dos admitidos, pero si podemos confirmar que TODAS AS SOLICITUDES FORON ADMITIDAS, tanto as solicitudes para 4º de Infantil como as de 1º de primaria.
Polo tanto, avisarémoslles no mes de xuño para formalizar a matrícula.
*** PROCEDEMENTO ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024-2025
- PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN
Do 1 de MARZO ao 20 de MARZO 2024
- DOCUMENTACIÓN
- Fotocopia do DNI do alumno e copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros da unidade familiar.
- De se dar o caso, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.
- Copia do DNI do solicitante e membros computables da unidade familiar cando se opoñan á consulta automática dos datos.
- Información para as familias monoparentales, PREMER AQUÍ
IMPORTANTE: A solicitude, xunto co Anexo II Bis deberá vir asinada polos dous proxenitores, titores ou acolledores do menor.
- FORMAS DE PRESENTAR AS SOLICITUDES
- Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro: ADMISIONALUMNADO xunto coa documentación.
-
Na sede electrónica da Xunta mediante Chave365 ou Certificado Dixital (DNIe ou similar). A solicitude faise na sede, onde se sobe a documentación escaneada. Neste caso non é necesario entregar nin a solicitude nin a documentación no centro, sempre que se complete correctamente o procedemento.
-
No centro. Hai que recoller o impreso ED550B, cumprimentalo, asinalo e presentalo xunto coa documentación.
- NORMATIVA
-
DECRETO 13/2022, de 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación Anexo I
- Orde de 21 de octubre de 2022 polo que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedimiento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánicaca 2/2006, do 3 de mayo, de educación (DOG nº 212 do 8 de novembre de 2022).
- ASPECTOS IMPORTANTES DA ORDE A TER EN CONTA:
Cada alumno e alumna só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. De presentarse máis dunha solicitude ou se se comproba a falsidade ou uso fraudulento da documentación achegada perderá os dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo ao centro de orixe.
- OFERTA DE VACANTES
CURSO |
VACANTES |
4º INFANTIL |
17 + 3 NEAE |
5º INFANTIL |
15 |
6º INFANTIL |
4 |
1º PRIMARIA |
1 + 3 NEAE |
2º PRIMARIA |
0 |
3º PRIMARIA |
3 |
4º PRIMARIA |
0 |
5º PRIMARIA |
4 |
6º PRIMARIA |
0 |
Informamos de que as listaxes non poden ser publicadas no taboleiro exterior do centro nin na web, xa que a Axencia Nacional de Protección de Datos así o indica, polo que soamente serán expostas no taboleiro interno do centro. De todos xeitos, seguiremos informando a través desta vía durante todo o proceso.
Calendario do proceso
⇒ Presentación da solicitude de admisión: 1 – 20 de marzo (ambos incluidos).
⇒ Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partir do día seguinte á finalización do prazo para presentar as solicitudes de admisión. Do 21 de marzo ao 11 de abril.
⇒ Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: 25 de abril.
⇒ Reclamación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: do 26 de abril ao 3 de maio. (na secretaría do centro onde presentou a solicitude)
⇒ Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: 15 de maio.
⇒ Reclamación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas, no prazo de 1 mes presentación de Recurso de alzada ante o Xefe Territorial de Educación de Pontevedra.
⇒ Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: Do 20 ao 30 de xuño, (en xuño publicaremos máis información sobre este punto).
⇒ Formalización da matrícula en ESO: Do 23 de xuño ao 07 de xullo. (consultar na páxina web do centro de Ensinanza Secundaria onde se vaia a formalizar a matrícula por se teñen uns días específicos para a matrícula de cada curso)
Plan dixital de centro
Ao final desta publicación atópase o enlace ao documento do Plan dixital do CEIP Plurilingüe de San Roque
XUSTIFICACIÓN DESTE PLAN
-
A Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, regula diferentes aspectos relacionados coa competencia dixital e a innovación educativa, así no artigo 121 establece que o proxecto educativo do centro recollerá, entre outros aspectos, a estratexia dixital do centro, de acordo co establecido no artigo 111 bis, no que se establece que as Administracións educativas e os equipos directivos dos centros promoverán o uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) na aula como medio didáctico apropiado e valioso para levar a cabo as tarefas de ensino e aprendizaxe, utilizando os marcos de referencia da competencia dixital que orienten a formación inicial e permanente do profesorado e faciliten o desenvolvemento dunha cultura dixital nos centros e nas aulas.
-
O artigo 132 da devandita Lei establece como competencias dos directores e directoras, entre outras, exercer a dirección pedagóxica, promover a innovación educativa e impulsar plans para a consecución dos fins do proxecto educativo do centro; e fomentar a cualificación e formación do equipo docente, así como a investigación, a experimentación e a innovación educativa no centro.
-
A disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional (DOG 30 de xuño), pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2021-2022, e na disposiciónadicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2021-2022 sinala que os centros docentes elaborarán no curso 2021-2022 o seu Plan Dixital de acordo coas instrucións que se diten.
-
En liña coas orientacións establecidas no Plan de Recuperación e Resilienciada Unión Europea e no marco do Plan de Acción de Educación Dixital (2021-2027), a Consellería de Cultura, Educación e Universidade (en diante, a consellería) persegue a transformación dixital dos centros educativos de Galicia como organizacións a fin de que sexan dixitalmente competentes nos procesos de ensino-aprendizaxe, de xestión e de relación o que require de un proceso de mellora das competencias dos membros da comunidade educativa que se deberá recoller nun Plan Dixital do Centro como organización.
-
O Regulamento polo que se establece o Mecanismo de Recuperación e Resiliencia do Consello Europeo do 11 de febreiro de 2021 establece como un dos seus principais eixes a transformación dixital na procura da excelencia, a universalidade e a equidade na educación; que elimina as brechas sociais e territoriais,que incentiva a formación continua e cre no talento, promocionando o emprendemento e a innovación, o reforzo das súas capacidades de investigación e a atracción e fomento da excelencia.
DESCARGAR O PLAN DIXITAL AO PÉ DA PUBLICACIÓN
Inicio do procedemento de RESERVA de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2023/2024
(SÓ PARA OS ALUMNOS QUE ESTE ANO ESTÁN EN 6º PRIMARIA)
Este luns 16 de xaneiro e ata o 6 de febreiro, comeza o prazo para reservar praza no Instituto no que os alumnos que este ano están en 6º de primaria, cursarán a Educación Secundaria Obrigatoria (ESO)
A reserva de praza será para o IES Faro das Lúas, centro ao que o noso colexio está adscrito, e para iso deberá:
- Cumprimentar manualmente e firmar a solicitude de reserva (modelo: Anexo I ED550A) e entregalo a través dos propios alumnos no colexio antes do 6 de febreiro. (XA LLES MANDAMOS UNHA COPIA POLOS RAPACES)
- Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberán contar con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital. Enlace: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ . Nese mesmo enlace poden atopar toda a información que precisen.
Se queren ir a outro instituto diferente, non poderán reservar, e deberán agardar entre o 1 e o 20 de marzo, ao período de ADMISIÓN, e entregar a solicitude de admisión (modelo: Anexo II ED550B) no centro onde desexen cursar estudos da ESO
O alumnado que ten reservada praza nun centro, se vai presentar solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR
CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS NO SECTOR DE PAIS/NAIS (PROCESO REMATADO)
RESULTADOS DAS VOTACIÓNS:
Tralas votacións celebradas onte, día 29 informamos de que as candidaturas elixidas foron as
seguintes:
- Constantino José Dios Tilve.
- José Manuel Resúa Cordal.
Polo tanto formarán parte do Consello escolar durante os vindeiros catro anos.
IMPORTANTE:
O VINDEIRO MARTES DÍA 29 DE NOVEMBRO SERÁ O DÍA PARA AS VOTACIÓNS DOS CANDIDATOS AO
CONSELLO ESCOLAR:
Os candidatos son os seguintes:
- Constantino José Dios Tilve
- Ana Belén Pérez González
- Jose Manuel Resúa Cordal
Poderedes votar no CEIP Plurilingüe de San Roque o martes en horario de mañá; de 13:30h a 14:45 e en horario de tarde entre as 16:30 e as 17:30
CENSO ELECTORAL
O censo estará dispoñible neste anuncio (ver o arquivo adxunto ao final da publicación).
Tamén estará dispoñible no taboleiro do centro (está xunto o portal da entrada).
Por último, queda tamén aberto o prazo de presentación de candidaturas ata o día 18 de novembro.
Para presentarse candidato a formar parte do Consello escolar podedes escribir un mail ao correo do centro
ceip.sanroque@edu.xunta.gal ou chamar ao 886151892, proporcionando en ambos casos o voso nome e apelidos e o voso desexo
de seren candidatos.
Actualización: Constitución da Xunta electoral
Tralo sorteo público celebrado o venres, día 28 de outubro para designar aos membros da Xunta electoral que supervisará todo o proceso electoral, os resultados son os seguintes;
-
Titular representando aos mestres: sae o número 8 qu corresponde a M.ª Esther Gil Oubiña
-
Suplente representando aos mestres: sae o número 17 que corresponde a M.ª Jesús Rubio da Silva
-
Titular representan ás nais e pais: sae o número 225 que corresponde a Maeva Sineiro Somoza
-
Suplente representando ás nais e pais: sae o número 62 que corresponde a Teresa Fernández Castiñeira
-
Titular de administracións e servizos: sae o número 3 que corresponde a Juventino Padín Doval
-
Suplente de administración e servizos: sae o número 1 que corresonde a Fernanda de Acevedo Monteiro
Completa a mesa da Xunta electoral Manuel Alonso Villar, director do centro, en calidade de Presidente.
Como se recolle na resolución do 19 de setembro de 2022, neste curso teremos renovación de membros do Consello escolar e, polo tanto, neste primeiro momento cabe a designación dos membros da Xunta Electoral:
O vindeiro venres 28 de outubro, ás 14:00h celebrarase no centro un sorteo público para designar os membros da Xunta electoral, a cal terá as seguintes competencias:
-
Aprobar e publicar os censos electorais
-
Concretar o calendario electoral
-
Admitir e proclamar candidaturas
-
Promover a constitución das distintas mesas electorais
-
Resolver posibles reclamacións
-
Proclamar os candidatos elexidos e remitir as actas á Xefatura territorial.
Posteriormente iremos informando de cada paso do proceso (reunións da xunta, publicación do censo, candidaturas, día das votacións...)
Renovación do Consello escolar
Tras a 4ª reunión da Xunta electoral (a 3ª celebrouse só para comprobar se había reclamacións e non houbo), informamos dos seguintes acordos:
- Proclamamos as candidatas electas tras a celebración das votacións no sector de nais e pais:
- Sara Váquez Leiro
- Marta Viñas Díaz
- Proclamamos as candidatas electas tras a celebración das votacións no sector do profesorado (Claustro extraordinario):
- Mª Jesús Rubio da Silva
- Mª Carmen Villaronga García
- No sector de administración e servizos, renova o actual membro:
- Juventino Padín Doval
- Con respecto ao representante do Concello, renova o actual membro:
- Javier Tourís Romero.
- Con respecto á representante da ANPA, será a súa presidenta:
- Isabel Vicente Piñeiro.
O vindeiro 10 de decembro, convocaremos ao Consello escolar para a correspondente constitución e daremos por finalizado todo o proceso.
Eleccións ao Consello Escolar
Tras a celebración da 2ª reunión da Xunta electoral,
ACORDAMOS que o censo electoral foi correcto (non houbo reclamacións),e tras o prazo de presentación de candidaturas, presentáronse as seguintes:
- Maeva Sineiro Somoza
- Rosa Tourís Gómez
- Sara Vázquez Leiro
- Marta Viñas Díaz
A partir de hoxe e durante os días 18 e 19 queda aberto o prazo para reclamar as candidaturas.
O día para as votacións será o martes 23 de novembro, en horario de 09:15h a 9:45h, e de 14:15 a 14:45 na aula de música do centro.
Animádevos a participar!!
Moitas grazas!!!