Actividades
Pinta e colorea en Igualdade
Ola bos días,
Dende o departamento de igualdade do CIM do Salnés están a traballar no deseño de material informativo e formativo dirixido ao alumnado e familias
Remitimos en arquivo adxunto un dossier PINTA E COLOREA EN IGUALDADE que deseñaron para loitar contra os esterotipos de xénero nas profesións e o fomento da corresponsabilidade no fogar.
Saúdos
PROPOSTA DE TRABALLO DURANTE A CUARENTENA
Queridas familias:
Son días complicados, moitos de vos estaredes preocupados, nós tamén. A rapidez coa que aconteceu todo, non permitiu preparar moito esta situación. Aínda así, é importante que as nenas e nenos, non deixen de ter unha rutina de traballo, repasando contidos, practicando, e sobre todo, aproveitando para ler, ler moito.
Estes días, non podemos participar directamente nisto, pero queriamos ir publicando algunhas propostas que poidan ser útiles. Son voluntarias, por suposto. Nesta ocasión, quero compartir unha PLANIFICACIÓN DOS DIAS SEN COLE PERO EN CUARENTENA (Tedes adxunto un pdf con esta proposta)
Actualización: Adxuntamos unha segunda proposta, o Plan B.
Un saúdo, moito ánimo.