Secretaría

SECRETARÍA

       https://joelodigo.files.wordpress.com/2012/06/cartas-sobres-azul.gif  San Roque de Corón, 112

                        C.P.  36629 Vilanova de Arousa      

             

    Tel. 886 15 18 92

    Fax 886 15 18 94

                    

     http://themediaagency.com/wp-content/uploads/2012/09/email-facts-f2fc3a421a84.jpg         ceip.sanroque@edu.xunta.es

CONVOCATORIA AXUDAS ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO (NEAE). CURSO 2022/2023

Do 19 de maio ao 30 de setembro de 2022, estará aberto o prazo para solicitar axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo (NEAE), curso 2022/2023.

Destinatarios:

 

  • Alumnado TDAH con discapacidade, trastorno grave de conducta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe.
  • Alumnado TEA.
  • Alumnado con discapacidade ou trastorno grave de conducta ou trastorno grave da comunicación e da linguaxe que presentan NEAE.
  • Altas Capacidades intelectuais.

Prazo: ata o 30 de setembro de 2022.

Para calquera consulta, podedes contactar co Departamento de Orientación

IMPORTANTE: As solicitudes terán que se cumprimentar mediante o formulario accesible por internet no enderezo:   https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html ou a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional no enderezo: https://sede.educacion.gob.es/portada.html.

 

 

 

 

*** FORMALIZACIÓN MATRÍCULA ALUMNADO ADMITIDO NO CURSO 2021/2022

O prazo de matrícula para o novo alumnado admitido para o curso 2021/2022 será do mércores 23 ao mércores 30 de xuño 2021

Os impresos pódesen recoller na conserxería do centro a partires do mércores.

DOCUMENTACIÓN PARA A MATRÍCULA

  • Impreso matrícula, debidamente cumprimentado
  • 2 fotos tamaño carné
  • Fotocopia do libro de familia onde está inscrito o alumno/a
  • Fotocopia tarxeta sanitaria do neno ou nena
  • Fotocopia do libro de vacinas(só as páxinas onde constan as vacinas subministradas ao alumno/a ata a data da formalización da matrícula)
  • Sentencia de divorcio, se é o caso
  • Informe de minusvalía, se é o caso

*** CAMPAMENTOS DE VERÁN 2021 - XUNTA DE GALICIA

Campamentos de verán 2021

Ata o 28 de maio de 2021 está aberto o prazo para solicitar os Campamentos de Verán e os campos de Voluntariado.

Para máis información nesta páxina web:

http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/21210-campamentos-de-veran-2021

Admisión alumnado CURSO 2020/2021

Comprácenos comunicar, con respecto as solicitudes de Admisión de novo alumnado para o vindeiro curso, que unha vez rematado o prazo de admisión e feito o reconto de solicitudes, non fixo falta baremar, é dicir, facer unha selección, xa que o número de prazas vacantes é superior ás solicitudes presentadas.

Polo tanto, TODOS OS NENOS E NENAS ESTÁN ADMITIDOS e deberán agardar a que o centro os chame para formalizar a MATRÍCULA, (o prazo establecido por Educación é do 1 ao 10 de Xullo).

 

Non podemos publicar a listaxe de nomes aquí na web porque a lei non o permite, pero ao estar todos admitidos e con praza asignada, non debedes preocuparvos.

REAPERTURA PRAZO DE ADMISIÓN

 

 
 

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS

Reestablécese o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado, abarcando do 11 ao 18 de maio de 2020.

(Alumnado de nova incorporación ao centro).

Poden pasar polo centro para a entrega de documentación a partir do vindeiro luns, 11 de maio en horario de 10.00 a 14.00 horas, previa cita.

Teléfonos para solicitar cita: 886151891; 886151892; 886151893;

RECOMENDAMOS CUBRIR A SOLICITUDE NA SEGUINTE DIRECCIÓN DE INTERNET

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

SOAMENTE HAI QUE CUBRIR E GARDAR A INFORMACIÓN, O CENTRO SERÁ O ENCARGADO DE VALIDAR E PRESENTAR A SOLICITUDE.

OUTRA FORMA SERÍA CUBRIR E IMPRIMIR ESTE IMPRESO E TRAELO AO CENTRO (CON CITA PREVIA)

https://www.edu.xunta.es/axudaplicacion/files/admisionalumnado/ED550B-G.pdf

 

 

LISTAS DE MATERIAL 2019-2020

LISTA DE MATERIAL DE 2º                                 Curso 2019-20

·        1 caderno DIN A4 de grampas cuadriculado, 4x4 mm.

·        1 caderno DIN A4 de grampas de dobre pauta ancha 3,5 mm.

·        3 carpetas de gomas tamaño folio.

·        1 paquete de 500 folios Navigator.

·        1 estoxo de dúas cremalleiras.

·        1 lapis tres caras do número 2HB.

·        1 goma.

·        1 sacapuntas.

·        1 caixa de ceras Plastidecor.

·        1 caixa de rotuladores Stabilo medio, máis un estoxo dunha cremalleira.

·        1 pegamento de barra grande.

·        Tesoiras de punta redonda.

·        1 regra de 15 cm.

 

Todo o material virá con nome. Vale o do ano pasado, mesmo os cadernos empezados (non arranquen as follas de 1º).

Os libros forraranse, poñendo o nomevisible por fora na portada.

 

 

 

 MATERIAL 3º CURSO DE E. PRIMARIA

CURSO 2019/2020

 

3 lapis do Nº 2

2 gomas de borrar

1 afialapis

1 tesoiras de punta redonda

1 caixa de ceras duras

1 caixa de ceras brandas

1 bloc de cartolinas

1 barra de pegamento

3 carpetas tamaño folio de gomas

3 fundas de plástico

1 caderno tamaño folio cuadriculado

2 cadernos tamaño folio de dobre pauta estreita

1 regra de 30 cm

1 cartucheira con cremalleira

1 frauta doce

1 bloc musical pequeno (4 pentagrams por páxina)

1 paquete de folios DIN A-4 de 80 g. NAVIGATOR

1 axenda escolar pequena

1 dicionario escolar de lingua castelá

1 pen drive (vale un que xa teñan de calquera capacidade, si o van a mercar                          preferible de 8 GB)

 

 

TODO O MATERIAL VIRÁ ETIQUETADO CO NOME DO ALUMNO/A, AGÁS AS LIBRETAS

 

Son válidos todos os materiais desta lista que se posúan de anos anteriores e estean en bo estado.

 

É aconsellable que tamén dispoñan dalgún material escolar na súa casa para realizar as tarefas cando sexa necesario.

 

(Nos vindeiros días irás levando os libros á casa, en caso de que o forro estea en mal estado forraranse con plástico non adhesivo e levarán unha etiqueta co nome do alumno/a por fóra)

 

 

LISTA DE MATERIAL  6ºA  DE PRIMARIA. CURSO  2019-2020

-      Tres libretas cuadriculadas . (Matemáticas, Sociais e Naturais)

-      Dúas libretas rayadas. (Linguas)

-      Un bloc de debuxo , mínimo 130 grs.

-      Unha carpeta clasificadora ou un archivador.

-      Unha carpeta de gomas para Inglés.

-      Xogo de reglas e compás.

-      Un lápis 2H e outro 5B.

-      Bolígrafos azul e vermello. Mellor borrables.

-      Cinta correctora(tipex).

-      Pegamento e tesoiras.

-      Ceras Manley, e ceras plastidecor ou lápis de cores.

-      Rotuladores. (mellor Stabilo)

-      Dicionario de inglés, lingua castelá e galego

Todo o material que teñan do curso pasado serve para este curso.

Os que teñan que mercar libretas novas , que sexan das  grapadas, non de espiral, xa que pesan moito menos.

 

CEIP SAN ROQUE

LISTA DE MATERIAL 4º CURSO DE E.P (CURSO 2019/20)

ü     

1 ESTOXO DE CREMALLEIRA.

ü     

1 AXENDA ESCOLAR PEQUENA.

ü     

1 LAPIS DO Nº 2 HB.

ü     

1 GOMA DE BORRAR.

ü     

1 AFIALAPIS.

ü     

1 BARRA DE PEGAMENTO.

ü     

1 BOLÍGRAFO AZUL E OUTRO VERMELLO (O AZUL CONVÉN QUE SEXA DOS BORRABLES).

ü     

1 CAIXA DE CERAS DURAS.

ü     

1 CAIXA DE ROTULADORES.

ü     

1 BLOCK DE CARTOLINAS.

ü     

3 CARPETAS TAMAÑO FOLIO DE GOMAS.

ü     

1 BLOCK DE DEBUXO DE 130 g.

ü     

1 REGLA DE 30 cm.

ü     

1 COMPÁS.

ü     

3 CADERNOS TAMAÑO FOLIO ( CUADRICULADO).

ü     

1 CADERNO TAMAÑO FOLIO DE DOBRE (Pauta 3,5)

ü     

1 PAQUETE DE FOLIOS DIN A-4 DE 80 g. (NAVIGATOR)

ü     

1 PAQUETE DE FOLIOS DE CORES.

 

TODO O MATERIAL VIRÁ ETIQUETADO CO SEU NOME

Serán válidos  todos os materiais desta lista que se posúan de anos anteriores e estean en bo estado.

Os libros forraranse con plástico non adhesivo e levarán unha etiqueta co nome do alumnno/a por fóra, sobre o forro.

 

 

Lista de material

Para 5º curso de Educación Primaria

2019-2020 

- 1 estoxo con cremallera

- 1 lapis 2HB

- 1 lapis 5B

- 1 tubo de pegamento

- 1 goma de borrar

- 4 bolígrafos: azul, negro, vermello e verde

- 1 tesoira

- 1 compás

- 1 xogo de regras: escuadra, regra e transportador

- 6 carpetas de plástico de gomas

- 4 libretas dunha liña con marxen tamaño A4

- 1 libreta cuadrícula media tamaño A4

- 1 paquete de folios (navigator)

- 1 pack de rolos de papel de cociña

- 1 paquete de toallitas húmidas

- Diccionarios: inglés, lingua e lengua

- 1 caixa de rotuladores

- 1 caixa de ceras brandas

- 1 caixa de ceras duras ou pinturas de madeira

- 1 bloc de debuxo

- 1 bloc de cartulinas

- 1 axenda

Lembrade que podedes aproveitar as cousas do curso pasado que estean en bo estado.

O material debe vir co nome.

A  profe Helena

 

 

 

 

MATERIAL PARA O ALUMNO DE 6ºB DE PRIMARIA (CURSO 2019/20)

-       

2 libretas de pasta dura o plástico, con marxe e cuadrícula media, tamaño folio (unha para Matemáticas e outra para Sociais e Naturais).

-       

2 libretas de pasta dura o plástico, con marxe e dunha raia, tamaño folio (unha para Lingua Castelá e outra para Lingua Galega).

-       

2 Carpetas plásticas tamaño folio, tipo sobre.

-       

1 estoxo

-       

Axenda escolar

-       

Lapis nº2, lapis de cores, rotuladores (marca Stabilo), bolígrafos (azul, negro e vermello), goma, afialapis, tesoiras e pegamento de barra.

-       

Compás, semicírculo, regra, escuadra e cartabón.

-       

1 paquete de folios DIN A4, 80gr, (Navigator).

-       

1 paquete de toalliñas húmidas.

-       

1 rolo de papel de cociña.

-       

Dicionarios: castelá, galego e inglés

Inglés: Carpeta de goma

  Plástica:

-       

Bloc de dibujo

-       

Lapis 5B

-       

Ceras blandas (Manley)

-       

Bloc de cartulinas

Todo o material deberá vir debidamente etiquetado co nome do alumno, o curso e o grupo (agás o material funxible).

 

SERVE O MATERIAL DO CURSO ANTERIOR, SEMPRE QUE ESTEA EN BOAS CONDICIÓNS

 

MATERIAL ESCOLAR PARA 1º CURSO

 

 1 Tesoiras 

2 lapis do nº2 STAEDLER

2 lapis bicolor STAEDLER

2 goma Milán o Staedler

1 bote de pegamento de barra.

1 caixa de ceras PLASTIDECOR 24 cores..

1 paquete de folios DIN A4 80 gr. NAVIGATOR.

 2 carpetas de gomas tamaño folio.

 1 afialapis.

 1 estoxo de 2 cremalleiras.

1 bloc de debuxo

1 caixa de rotuladores STABILO  GRUESO 12 cores

1 libreta de doble pauta acncha, de tamaño pequeño.

1 libreta cuadriculada de 0.8 mm. de tamaño pequeño

1 bloc de cartolinas de cores

1 Ficheiro de 4 anillas 

NOTA: Os libros de texto deben vir forrados, tanto os libros como o resto do material virá debidamente marcado co nome do alumn@ nunha pegatina por fora e visible

-   

NOTA: OS ALUMNOS DA PROFE MÓNICA NON DEBEN TRAER A TESOIRA XA QUE A CONSERVAMOS DO ANO PASADO

-  OS MARTES E MÉRCORES DEBERAN TRAER CHÁNDAL , CALZADO   DEPORTIVO E UNHA TOALLA PEQUENA  PARA EDUCACIÓN FÍSICA.

Convocatoria fondo solidario de libros e axudas para adquisición de libros e material 2019-2020

As familias que o desexen poderán solicitar dende este momento as axudas que a continuación se detallan (Orde do 3 de maio de 2019. DOG 20 de maio):

  • Axudas para a adquisición de libros de texto: para o alumnado que vaia cursar 1º e 2º de E. Primaria (VALES).
  • Fondo solidario de libros de texto: alumnado que vaia cursar 3º, 4º, 5º e 6º curso de E. Primaria.
  • Axudas para adquirir material escolar: alumnado de E. Primaria.

Para poder acceder ao fondo solidario de libros de texto e material é requisito imprescindible ter devoltos os libros de texto adquiridos coas axudas do curso 2017-2018, antes do 21 de xuño. O Centro comunicará ás familias o horario e lugar de devolución.

 Os libros que se deberán devolver (3º, 4º, 5º e 6º curso) son todos os adquiridos coas axudas do curso 2018-2019, e deben estar en bo estado de conservación. Asimesmo, tamén poderán ser doados aqueles libros que non fosen adquiridos cos vales.

A falta de devolución dos libros é causa de exclusión do fondo solidario e das convocatorias de axudas. Ademais a Consellería iniciará un expediente de reintegro da axuda concedida.

O prazo de entrega das solicitudes de axuda remata o 21 de xuño.

A resolución provisional publicarase ata o 11 de xullo, e a definitiva ata o 19 de xullo.

A entrega de libros asignados a cada alumno efectuarase no mes de setembro.

Teñen á súa disposición en conserxería o impreso de solicitude , ou poden descargalo directamente premendo no adxunto.

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

 a) Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables

Cálculo da renda:

 Cando presentase declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2017, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 415) e a base impoñible do aforro (recadro 435); cando non a presentase, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.

Ante calquera dúbida diríxanse ao Centro.

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar

O 22 de maio saíu publicado no DOG a Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar.

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (22 de maio) e rematará o día 23 de xuño de 2017 (este incluído).

A declaración do IRPF sobre a que se calculará o dereito ou non dereito a estas axudas será a do 2015.

Cálculo da renda:

Cando presentase declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2015, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 380) e a base impoñible do aforro (recadro 395); cando non a presentase, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.

Os impresos para pedir as axudas pódense recoller no centro ou descargalos de Internet e despois se levarán o centro onde estean matriculados.

 As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación en 31 de decembro de 2015,poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios:

 1º. Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

2º. Certificado ou volante de convivencia.

3º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

b)Certificado do grao de discapacidade de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

Impreso para cubrir: Anexo I

 

 

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO EN SECRETARÍA

 Poden pasar polo centro a recoller os cheques para o material escolar.

 

LUNS e MARTES

13h00 - 14h30

MÉRCORES e XOVES

13h45 - 14h30

VENRES

13h00 - 13h45

Powered by Drupal - Design by artinet