Consello escolar

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

 

CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS NO SECTOR DE PAIS/NAIS  (PROCESO REMATADO)

 

RESULTADOS DAS VOTACIÓNS:

 

Tralas votacións celebradas onte, día 29 informamos de que as candidaturas elixidas foron as 

seguintes:

 

  • Constantino José Dios Tilve.
  • José Manuel Resúa Cordal.

 

Polo tanto formarán parte do Consello escolar durante os vindeiros catro anos.

 

 

 

IMPORTANTE:

 

O VINDEIRO MARTES DÍA 29 DE NOVEMBRO SERÁ O DÍA PARA AS VOTACIÓNS DOS CANDIDATOS AO 

CONSELLO ESCOLAR:

 

Os candidatos son os seguintes:

 

  • Constantino José Dios Tilve
  • Ana Belén Pérez González
  • Jose Manuel Resúa Cordal

 

Poderedes votar no CEIP Plurilingüe de San Roque o martes en horario de mañá; de 13:30h a 14:45 e en horario de tarde entre as 16:30 e as 17:30

 

 

 

 

 

 

 CENSO ELECTORAL

 

O censo estará dispoñible neste anuncio (ver o arquivo adxunto ao final da publicación).

Tamén estará dispoñible no taboleiro do centro (está xunto o portal da entrada).

 

Por último, queda tamén aberto o prazo de presentación de candidaturas ata o día 18 de novembro.

Para presentarse candidato a formar parte do Consello escolar podedes escribir un mail ao correo do centro

ceip.sanroque@edu.xunta.gal  ou chamar ao 886151892, proporcionando en ambos casos o voso nome e apelidos e o voso desexo

de seren candidatos. 

 

 

 

 

Actualización: Constitución da Xunta electoral

 

Tralo sorteo público celebrado o venres, día 28 de outubro para designar aos membros da Xunta electoral que supervisará todo o proceso electoral, os resultados son os seguintes;

 

  • Titular representando aos mestres: sae o número 8 qu corresponde a M.ª Esther Gil Oubiña

  • Suplente representando aos mestres: sae o número 17 que corresponde a M.ª Jesús Rubio da Silva

  • Titular representan ás nais e pais: sae o número 225 que corresponde a Maeva Sineiro Somoza

  • Suplente representando ás nais e pais: sae o número 62 que corresponde a Teresa Fernández Castiñeira

  • Titular de administracións e servizos: sae o número 3 que corresponde a Juventino Padín Doval

  • Suplente de administración e servizos: sae o número 1 que corresonde a Fernanda de Acevedo Monteiro

 

 

Completa a mesa da Xunta electoral Manuel Alonso Villar, director do centro, en calidade de Presidente.

 

 

Como se recolle na resolución do 19 de setembro de 2022, neste curso teremos renovación de membros do Consello escolar e, polo tanto, neste primeiro momento cabe a designación dos membros da Xunta Electoral:

 

O vindeiro venres 28 de outubro, ás 14:00h celebrarase no centro un sorteo público para designar os membros da Xunta electoral, a cal terá as seguintes competencias:

 

  • Aprobar e publicar os censos electorais

  • Concretar o calendario electoral

  • Admitir e proclamar candidaturas

  • Promover a constitución das distintas mesas electorais

  • Resolver posibles reclamacións

  • Proclamar os candidatos elexidos e remitir as actas á Xefatura territorial.

 

Posteriormente iremos informando de cada paso do proceso (reunións da xunta, publicación do censo, candidaturas, día das votacións...)

Renovación do Consello escolar

Tras a 4ª reunión da Xunta electoral (a 3ª celebrouse só para comprobar se había reclamacións e non houbo), informamos dos seguintes acordos:

  1. Proclamamos as candidatas electas tras a celebración das votacións no sector de nais e pais:
    • Sara Váquez Leiro
    • Marta Viñas Díaz
  2. Proclamamos as candidatas electas tras a celebración das votacións no sector do profesorado (Claustro extraordinario):
    • Mª Jesús Rubio da Silva
    • Mª Carmen Villaronga García
  3. No sector de administración e servizos, renova o actual membro:
    • Juventino Padín Doval
  4. Con respecto ao representante do Concello, renova o actual membro:
    • Javier Tourís Romero.
  5. Con respecto á representante da ANPA, será a súa presidenta:
    • Isabel Vicente Piñeiro.

O vindeiro 10 de decembro, convocaremos ao Consello escolar para a correspondente constitución e daremos por finalizado todo o proceso.

Eleccións ao Consello Escolar

 

Tras a celebración da 2ª reunión da Xunta electoral,

ACORDAMOS que o censo electoral foi correcto (non houbo reclamacións),e tras o prazo de presentación de candidaturas, presentáronse as seguintes:

  • Maeva Sineiro Somoza
  • Rosa Tourís Gómez
  • Sara Vázquez Leiro
  • Marta Viñas Díaz

 

A partir de hoxe e durante os días 18 e 19 queda aberto o prazo para reclamar as candidaturas.

O día para as votacións será o martes 23 de novembro, en horario de 09:15h a 9:45h, e de 14:15 a 14:45 na aula de música do centro.

Animádevos a participar!!

Moitas grazas!!!

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR:

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR:

O pasado venres, día 5 de novembro constituíuse a Xunta electoral que levará a supervisión de todo o proceso de Renovación do Consello escolar. Tamén solicitouse ao Concello e a ANPA que designen aos seus representantes. Por último, temos publicado o censo de nais e pais dos alumnos matriculados no centro, o cal podedes consultar e reclamar ata o vindeiro luns, día 15 de novembro.

O censo estará dispoñible na web do centro, no ficheiro adxunto ao pé desta mensaxe.  

Tamén poderedes consultar o censo no taboleiro de anuncios do centro.

Aquelas nais e pais interesados en formar parte do Consello Escolar, podedes presentar a vosa candidatura dende hoxe ata o 16 de novembro. Podedes chamar ao 886151891 ou enviar un email ao correo ceip.sanroque@edu.xunta.gal e manifestar o voso interese en formar parte deste órgano.

O Consello precisa de dous membros novos para completar a representación dos pais e nais,de non haber candidatos, as nais e pais quedariades con menor representación nas decisións que se tomen neste importante órgano de participación.

Consello Escolar

 

PRESIDENTE:

Manuel Alonso Villar

SECRETARIA:

Mª Rosa Feijoo Buceta

XEFA DE ESTUDOS:

Aurora Carrera Guede

PROFESORADO:

Mª Esther Gil Oubiña

Ana Belén Marcos Gómez

María Carmen Nogueira Bayón

María Jesús Rubio da Silva

Mª Carmen Villaronga García

NAIS/PAIS:

Isabel Vicente Piñeiro ( Presidente da A.N.P.A.)

Sara Vázquez Leiro

Constantino José Dios Tilve

Ana Belén Pérez González

Marta Viñas Diz

ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS:

Constantino Padín Doval

 REPRESENTANTE MUNICIPAL:

 Javier Tourís Romero

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet