PROGRAMA PROA

PROGRAMA PROA

Destinado ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6ºcursos de Educación Primaria.

É unha acción dirixida ao alumnado que presenta dificultades relacionadas coa ausencia de hábitos de traballo, escaseza de motivación, atraso no proceso de maduración persoal, pobre integración no grupo e no centro, aprendizaxe deficiente das áreas instrumentais e que por diversos motivos non pode recibir o apoio e reforzo que precisa no seo da súa familia; aínda que exista a vontade de facilitar esta axuda.

Pretende reforzar as competencias básicas, mellorar as habilidades e actitudes asociadas á lectura, reforzar a adquisición de hábitos de organización e constancia no traballo, alentar ao estudio e propoñer formas de traballo eficaces.

Lévase a cabo polas tardes, os luns e mércores para o alumnado de 3º e 4º cursos e os martes e xoves para 5º e 6º, de 16:30 a 18:30 horas.

                  

          


Powered by Drupal - Design by artinet