*** 8 de MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Un pouco de historia
Día Internacional da Muller: por que o 8 de marzo
O 8 de marzo, conmemórase o Día Internacional da Muller na maioría dos países. O 8 de marzo —declarado oficialmente pola ONU en 1975— reivindícase a todas as mulleres e a igualdade completa de dereitos.
A idea dun día internacional da muller xurdiu a finais do século XIX, pero foron distintos sucesos no século XX os que derivaron na conmemoración que coñecemos hoxe. Un deles, quizá o máis simbólico, pero non o único, produciuse o 25 de marzo de 1911, cando unhas 149 persoas, a maioría mulleres morreron no incendio da fábrica Triangle Shirtwaist de Nova York.
O suceso revelou as penosas condicións nas que traballaban as mulleres, moitas delas inmigrantes e moi pobres. O suceso non foi único —houbo outro incendio en circunstancias similares tres anos antes—, pero suscitou grandes mobilizacións e marcou no calendario un día que xa se empezou a conmemorar dous anos antes tamén na cidade de Nova York, onde as mulleres socialistas —tras unha declaración do partido en Estados Unidos— conmemoraron por primeira vez o Día Nacional da Muller. Era o 28 de febreiro de 1909 e máis de 15.000 mulleres saíron á rúa para reivindicar mellores salarios, redución da xornada laboral e o dereito ao voto.
- Hoxe no noso cole
Para conmemorar este día Repoluga, mascota da nosa Bibliocorón, fixo unha selección de libros sobre o tema das mulleres e expoñéronse na entrada do centro para que as diferentes clases puideran collelos para traballar na clase.
O alumnado de 2º de Educación Primaria prepararon e leron o libro "Cuando las niñas vuelan alto" ás nenas e nenos de Educación Infantil e de 1º de Educación Primaria.
Nas clases de Educación Infantil e de 1 e 2º de Educación Primaria elaboraron unha coroa e os cursos superiores un mural dando as grazas ás mulleres que aportaron algo o noso mundo.