*** SOLICITUDES DE ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2022-2023

  • PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN

Do  1 de MARZO ao  21 de MARZO 2022

 

  • DOCUMENTACIÓN

 

  • Prema AQUÍ para descargar o Anexo II: Formularios de Admisión
  • Os impresos tamén os poden recoller na conserxería do centro 

- Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a. (Fotocopia do DNI ou do libro de familia)

Certificado oficial do expediente académico do Centro de procedencia no que conste o nivel cursado durante o curso 2021/2022 (só alumnado procedente doutro centro). No caso de admisión en 4º de Infantil -3 anos- NON

- Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de darse o caso. 

Copia do DNI do solicitante e membros computables da unidade familiar cando se opoñan á consulta automática dos datos.

 

  • FORMAS DE PRESENTAR AS SOLICITUDES
    1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:  ADMISIONALUMNADO
    2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica
    3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro

Letra de desempate

Tal como quedou establecido no sorteo público que tivo lugar na Consellería, en caso de empate de puntos para unha mesma praza, as letras de prioridade establecidas neste sorteo foronV- U para o primeiro apelido e A-Z para o segundo.

RESOLUCIÓN DE 23 DE FEBREIRO DE 2022, DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS, POLA QUE SE FAI PÚBLICO O RESULTADO DO SORTEO AO QUE FAI REFERENCIA O ARTIGO 29 DA ORDE DO 12 DE MARZO DE 2013.

 

  • NORMATIVA REGULADORA DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN 2022-2023:

ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 (código doe procedimento ED550A e ED550B)

- Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de ESO e de bacharelato

- ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para
a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos

- Decreto 254/2012 do 13 de decembro pola que se regula a admisión do alumnado.

 

  • ASPECTOS IMPORTANTES DA ORDE A TER EN CONTA:

Cada alumno e alumna só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. De presentarse máis dunha solicitude ou se se comproba a falsidade ou uso fraudulento da documentación achegada perderá os dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo ao centro de orixe.

 O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

  • OFERTA DE VACANTES

 

CURSO

VACANTES

4º INFANTIL

22 + 3 NEAE

5º INFANTIL

11

6º INFANTIL

5

1º PRIMARIA

6 + 3 NEAE

2º PRIMARIA

1

3º PRIMARIA

8

4º PRIMARIA

4

5º PRIMARIA

7

6º PRIMARIA

0

 

Informamos de que  as listaxes non poden ser publicadas no taboleiro exterior do centro nin na web, xa que a Axencia Nacional de Protección de Datos así o indica, polo que soamente serán expostas no taboleiro interno do centro. De todos xeitos, seguiremos informando a través desta vía durante todo o proceso.

 

Información para as familias monoparentales, PREMER AQUÍ

AdxuntoTamaño
03_resolucion_resultado_sorteo_anual_letras_admision_2022_23_0.pdf461.16 KB
ED550B-G-20222023_Anexo II.pdf1.31 MB
FAMILIA MONOPARENTAL.pdf844.66 KB

Powered by Drupal - Design by artinet