PROTOCOLOS DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
¿Que son os protocolos?
- Protocolo é un documento ou regulamento que indica cómo se debe actuar en determinados casos cando existe unha circunstancia especial do alumnado (NEAE, absentismo, atención temperá, accidentes, etc).
- Indícanos a resposta de: como se debe actuar no caso de …?
- Recolle comportamentos, accións e pautas axeitadas para determinadas situacións.
- Son un recurso dispoñible para tódolos centros e familias para funcionar como unha guía de apoio o alumnado.
- SON DE OBRIGADO CUMPRIMENTO.
- Van dirixidos a tódalas partes que traballan xuntas para o benestar do alumnado; familias, profesionais educativos, terapeutas, sanitarios.
- Son recursos que apoian aos centros, ás familias e aos profesionais doutros ámbitos para que as persoas (alumnado) poidan desenvolver o seu máximo potencial.
Así, os PROTOCOLOS actualmente existentes son:
PROTOCOLO Síndrome de DOWN e Discapacidade intelectual
PROTOCOLO Urxencias sanitarias e enfermidades crónicas
PROTOCOLO Atención educativa ao alumnado con altas capacidades intelectuais
PROTOCOLO sobre TDAH educativo e sanitario
PROTOCOLO Atención educativa domiciliaria
PROTOCOLO de atención educativa ao alumnado con Discapacidade auditiva
PROTOCOLO detección, prevención e tratamento do acoso escolar e ciberacoso
PROTOCOLO intervención do risco suicida