OLA NENOS E NENAS!
As mestras do ciclo de Educación Infantil querémosvos enviar unha mensaxe....
ÁNIMO!!!!
Sabemos que estades sendo uns auténticos superheroes e superheroínas neste
confinamento , pero vos queremos mandar ánimos e apertas para todos/as e para as
vosas familias .
Xa levamos días , ou mellor dito un mes nesta situación pero parece que se empeza a
ver algo de luz, para a semana seguramente xa nos poderá dar o aire na cara.
Para que o tempo que queda sexa máis levadeiro deixámosvos algunhas ideas que
podedes facer na casa:
A primeira MAXIA!!!!!
QUEREDES FACER MENSAXES SECRETAS??
Precisades :
· Un folio branco
· Bastoncillos dos oídos
· Quitaesmalte
· Betadine
· Recipiente cunha pouca auga.
Listos/as????
1º Escribides nun folio a vosa mensaxe ou debuxo mollando o bastoncillo en acetona.
2º Deixámolo secar.
3º No recipiente con auga (mellor unha fonte onde caiba o folio) botamos un par de gotas de betadine e mesturamos.
4º DESCUBRIR A MENSAXE
Ao meter o folio na auga aparecerá como por arte de maxia a vosa mensaxe.
Un saúdo e un bico das vosas profes.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ACTIVIDADES PARA TRABALLAR OS NÚMEROS.pdf | 225.24 KB |
IDEAS DE ACTIVIDADES DE LECTOESCRITURA.pdf | 273.59 KB |