SEMANA SANTA

Ola a tod@s!  Dibujo de Conejito de pascua pintado por Carllote en Dibujos.net ...

Xa estamos de vacacións e, como todos temos o mesmo plan, vouvos facer unhas recomendacións (tranquil@s, non precisamos libros nin fichas):

Lembra sempre respetar a tod@s e disfruta de actividades que podes facer coa túa familia: ler, contar chistes, cantar, bailar, ver películas, facer  xogos de memoria, bingos coa táboa, viaxes online... seguro que se vos ocorren mil ideas máis!

Aproveita cada ocasión para practicar o que sabes e aprender un pouco máis:

Axuda a preparar menús, receitas de cociña (por que non vas facendo con elas o teu libro de receitas ilustrado?) Mira as etiquetas dos alimentos e decide si son sans...

Podes facer xogos online para repasar https://juegosinfantiles.bosquedefantasias.com/

Mira as propostas que che fai Repoluga, son moi interesantes! (en biblioteca, BLOG REPOLUGA)

Podes facer actividades de repaso que propón a profe Cris no programa Refórza-t. Son moi chulas!

Aproveita  o tempo porque... lembras o que vos digo sempre do tempo? Nun futuro, no que  andaremos a correr dun lado para outro,  recordaremos esta experiencia e todo o que nos permitiu facer.

Así que... ponte a organizar as vacacións! Podes elaborar un folleto con todas as actividades que vas a facer nestes días (como si fora dunha axencia turística)

Veña... a que estás esperando?

Non esquezas sorrir e disfrutar! Un bico moi grande!

Berta

Powered by Drupal - Design by artinet